Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz

A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz
Milladoiro-na-Carballeira-de-Zas Ambientazo na Carballeira de Velar durante a actuación de Milladoiro

Non puido o orballo do venres nin o vento do sábado coa 34ª Festa da Carballeira. A carballeira de Velar volveu ser foco de atracción indispensable para os amantes da música folk e tradicional. Non faltaron os fieis, cunha mocidade espectacular que encheu a zona de acampada a pesar das inclemencias meteorolóxicas. Había gañas de Carballeira.

O venres arrincaba a cousa cos máis de 3000 asistentes mollándose co espeso orballo. O humorista Pepe Capelán presentaba a cada un dos 4 artistas da primeira noite. Os primeiros en actuar foron Fillos do Estramonio, que cas súas hilarantes versións dos grandes clásicos do pop arrancaron as risas dos asistentes. Estes deron o paso a Gwendal, un clásico do mundo folk que non defraudou aos asistentes e reuniu aos amantes deste xénero musical de diferentes idades, xa que este grupo está celebrando neste 2017 o seu 45 aniversario enriba dos escenarios.

A guinda, púxoa Korpiklaani, a gran sorrpesa da noite, e puxeron a saltar a todo o mundo ao ritmo do mellor folk metal. Durante os 90 minutos de concerto, mostraron un directo potente que se meteu ao público no peto dende o primeiro momento. A noite acabou con Pan de Capazo.

Korpiklaani-na-Carballeira-de-Zas-2017 Korpiklaani puxo a saltar a toda a Carballeira

Un sábado para a historia

MIlladoiro-na-Carballeira-de-Zas-2017 MIlladoiro por fin chegou a Zas

Espectacular foi a acollida da sesión vermú con mexilloada. Público familiar puido disfrutar da cita gastronómica na que, por suposto, non faltou o toque musiqueiro. Xa pola tarde a gran Foliada convertiu Zas no punto de encontro da música tradicional de toda Galicia.

A chegada da noite dou paso aos concertos, que arrancaron co grupo Radio Cos, que comezou quentando os ánimos de cara a unha das actuacións máis esperadas da 34 edición da Carballeira: Milladoiro. Este grupo de recoñecido prestixio dentro do xénero folk, tanto a nivel nacional como internacional, nunca antes tivo actuado neste festival, polo que la expectación era máxima, e non defraudaron, facendo as delicias dos asistentes. Tras Milladoiro chegaron os irlandeses Moxie, que fixeron unha gran actuación, con un público totalmente entregado. O punto final da noite puxérono dende Andalucía Rare Folk.

Moxie-na-Carballeira-Zas-2017 Moxie Festa-da-Carballeira-de-Zas-201

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios