Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Festa Folk Fin do Camiño toma o relevo da mellor música celta

A Festa Folk Fin do Camiño toma o relevo da mellor música celta
Cartel da Festa Folk da Fin do Camiño de Fisterra 2012

Xa está aí, á volta da esquina, a XIV Festa Folk na Fin do Camiño de Fisterra. A recta da Anchoa prepárase para recibir o relevo celta da Festa da Carballeira, que esta pasada fin de semana vibrou ao ritmo dos Cempés, como xa fixera o ano pasado a vila do Cristo.

Este ano, a proposta da Asociación Anchoa vén cargada de festa. Fisterra acollerá o vindeiro sábado 18 de agosto a música de varias bandas galegas festexeiras e unha de índole estatal que chega como prato forte: os andaluces Stolen Notes. Ademais, a banda de acordeóns de Xurxo Souto, Os Tres Trebóns, dende A Coruña traerán a súa proposta festeira e reivindicativa; o grupo de Barallobre Estimaba que viñeras, porá á festa á disposición da tradición e os tamén coruñeses Chotokoeu fusionarán o folk coas músicas de percusión.

A Festa empezará a partir das 13:00h con gastronomía local. A degustación de produtos galegos, os pasarrúas e actuación do grupo baiés Rebeirujas serán as protagonistas. Ademais, a partir das 17:00h poderanse deixar aos pequenos a bo recaudo nos inchables.

E como non, a festa non podería ser festa de non estar bañada por unha boa Queimada!!

Un pouco de historia

Se no 2010 xa pasaran máis de 30 bandas pola fin do mundo, este 2012 serán case 40 grupos, tralos éxitos da edición do 2010 abandeirada por Mercedes Peón e maila do 2011 cos Cempés como prato forte.
I é que este 2012 a Festa Folk na Fin do Camiño cumple 14 anos. Nacía aló polo ano 99, no marco da reivindicación histórica pola Prolongación da fin do camiño ata Fisterra, ó fío da non inclusión de Fisterra nos circuitos do Xacobeo 93 e 99.

Pero ollo que non só de música vive a Anchoa. A organizadora Asociación Anchoa de Fisterra, naceu no ano 1989 baixo o nome de A.C.D.X. Anchoa, coa finalidade de promover e dinamizar o eido cultural en Fisterra. Atrás quedan múltiples actividades organizadas con ilusión e poucos recursos, coma as cinco primeiras Festas do Longueiron, Xornadas Culturais do Nadal, Marchas cicloturisticas reinvindicando a fin do Camiño, Viaxes, Comparsas no entroido, Actividades deportivas… E para o ano, xa cumplirá 15 anos esta festa da música celta máis simbólica de todo o país.

Repaso das bandas

Stolen Notes


Os Tres Trebóns


Chotokoeu


Estimaba que viñeras


Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas festivaleiras

Comentarios