Venres. 29.03.2024
El tiempo

A festa Galega e a feira Medieval Mariñeira encherán de actividade as rúas de Malpica do 17 ao 19 de agosto

A festa Galega e a feira Medieval Mariñeira encherán de actividade as rúas de Malpica do 17 ao 19 de agosto
Xa queda pouco para a festa Galega e a feira Medieval Mariñeira que encherán de actividade as rúas de malica entre o 17 e o 19 de agosto. Catro grandes nomes da música tradicional galega pasarán polo escenario do porto entre os días 17 e 18 de agosto: Susana Seivane, Os da Porfía, Luar na LubreCoanhadeira. Ainda que non serán os únicos xa que tamén actuarán as diferentes agrupacións de música tradicional do concello xuntos coas bandas de gaitas locais e convidadas. Mentras a festa Galega acada xa a súa 11ª edición, a feira Medieval Mariñeira cumpre 6 anos. Coa apertura dos postos de artesanía e gastronomía que se situarán ao longo da rúa Eduardo Vila Fano comezará a celebración a partir das 11:00 horas do día 17 de agosto. A música galega comezará a soar ás 22:00 horas coas pandereteiras da A.C. Raigañas sobre o escenario do porto, ao que subirán ás 22:30 as Feiticeiras da A.C. Malante. Para as 23:00 horas está previsto o concerto de Susana Seivane, unha das nosas gaiteiras máis internacionais, que está a piques de lanzar o seu quinto disco, e para pechar a velada estarán a partir das 00:15 horas Os da Porfía, sete homes que despois de formar parte durante anos de distintas agrupacións decidiron iniciar un proxecto común interpretando temas recollidos por eles e cunha indumentaria que xa é un dos seus sinais de identidade. O día 18 volverá a animación ás rúas de Malpica desde as 11:00 horas coas actividades da feira Medieval Mariñeira. E tamén pola mañá, ás 12:00 horas, sairá do centro Cívico o tradicional desfile de Bandas de Gaitas da asociación cultural Malante, un encontro de música tradicional que cumpre seis anos e que xunta, á parte da entidade organizadora, ás bandas de gaitas de Calo (Teo), Ximiela (Louro-Muros) e Ortigueira. Para pechar a mañá do sábado está prevista unha xurelada tradicional coa colaboración da A.C.D. A Estádiga. A música volverá pola noite ao porto. A segunda sesión nocturna da festa Galega arrancará ás 22:30 horas coas cantareiras Meigallo da A.C Carcaxía. Para as 23:00 horas está programado o concerto de Luar na Lubre, a banda celta máis internacional de Galicia, que leva máis de 30 anos sobre os escenarios e que continúa reinterpretando a nosa música tradicional. Para pechar a velada estarán, a partir da 01:00, Coanhadeira - unha banda ourensá de folk que desde o ano 2006 está dedicada a amosar a música conservada ata os nosos días a través da tradición oral. Os seus directos están cargados de forza -. E despois de dous días de música, o domingo 19 continuará a feira Medieval Mariñeira con animación durante doce horas, de 11.00 a 23.00. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/susana-seivane-e-luar-na-lubre-subiranse-ao-escenario-da-festa-galega-de-malpica/ Fonte

Comentarios