Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Fikifesta fará de Vimianzo un auténtico zoo de artistas

A Fikifesta fará de Vimianzo un auténtico zoo de artistas

Impresionante o despligue dos mozos da A.X. Cherinkas. Teñen montada unha festa para este sábado 29 de outubro espectacular, con actuacións, concursos, pasarrúas, frikomida, frikiolimpiadas, gra-mola!, fotocool... todo o que un friki e os seus achegados poden desexar... Iso si, cómpre vir disfrazado!

A II Frikifesta de Vimianzo 2011 chega para sacarllo o sorriso a todo o pobo soneirán. E para facerllo a imaxinación é a arma, pero o ensaio está castigado so pena de humillación pública. Xa apunta, veñan co espírito desenfadado, participativo e humorístico do evento e a deixar a vergoña na casa.

Trátase de atraer a toda a veciñanza, e facela partícipe desta divertida sesión. Xa o ano pasado ata 200 veciños bailaron, cantaron e, sobre todo riron, ao compás das actuacións dos máis novos. Este ano volve, e volve cun programa que xa comeza a hora da sesión vermú.

A Charanga Fantástica abrirá a festa cun pasarrúas a partir das 13:00h, para pasar facela frikomida, algo máis íntima, á que hai apuntados ducias de membros da organización.
Pola tarde, a partir das 18:00h, toca Frikiolimpíadas na Praza do Concello, que darán paso ao Concurso show no Dialma Lounge.

Noite de gala

Nin Gaioso estaría a altura do glamour que se vai respirar no Celme e no Pub Mehari durante a noite sabantina.
As frikiactuacións, que comezarán ás 23.00h no Celme, prometen ser un torrente de creatividade individual e/ou colectiva de frikitemática libre. Un "Frikidocumental sobre o “Macho ibérico”", "Fuego y el Potro", "Violencia de Xenaro" ou "Los Tamara" serán as primeiras actuacións.

A partir das 2:00h, o frikiescenario trasládase ao Mehari, onde poderemos disfrutar dun "Sorteo da Frikitiva", un "Cuarteto Mazanceiros: “Frikitic”", ou o plaback do "Chicatéter".

Entre actuación e actuación poderemos participar e disfrutar tamén do Concurso de Piropos, do de Orgasmos (Finxidos), ademais do Concurso de Canto Tirolés. Para finalizar, os supervivintes, asistirán á gran presentación mundial da E.L.F.O. (Esporadic Instrumental Fantastic Orquest).

VimianZoo: Distrito Friki (vídeo promoción da II Frikifesta

Frikifesta 2010

E unha mostra fotográfica da primeira edición nesta outra:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios