Venres. 19.04.2024
El tiempo

As promesas arbitrais formáronse en Baio

As promesas arbitrais formáronse en Baio
Promesas arbitrais en Baio 2 Promesas arbitrais en Baio Menuda fin de semana para os árbitros da Costa. O venres recibían a visita dun asistente do fútbol profesional, e o sábado tiñan unha completa xornada “Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Xoves de Galicia” (PDFAG). Un día de formación para os 22 árbitros seleccionados menores de 21 anos con maior proxección de Galicia. Entre eles estiveron dous colexiados costeiros, Lucas Vicente Vidal e Sebastián Pérez Rellán. Non pertencen de dereito ao grupo dos escollidos (ningún costeiro cumpre os requisitos dos programa de talentos, xa que se orienta a árbitros de Primeira e Segunda Galicia de menos de 21 anos, e non temos ningún que cumpra ambas características), pero o Comité convidounos, xa que o programa se desenvolvía na zona, por considerar que cumpren o criterio de ser árbitros con proxección (non chegan aos 18, e están en Terceira Galicia, ambos, co cal, se cadra para o ano xa poden ir como membros de dereito). As promesas do colectivo arbitral galego en Baio As promesas do colectivo arbitral galego en Baio. Na fila de arriba, o segundo pola dereita, Lucas Vicente Vidal, e o terceiro, Sebastián Pérez Rellán A xornada comezaba no "Platas Reinoso" de Baio onde se levaron a cabo as probas físicas, incluído un adestramento dirixido polo árbitro de 2ª División “A” Javier Iglesias Villanueva, e os seus asistentes, Enrique Ramos Ferreiros e Fabián Blanco Rodríguez. Respectou o tempo así que a xornada foi moi proveitosa. Xantamos nos Arcos, e pola tarde, xornada de formación na sede. Primeiro falou Julio Amoedo Chas, director técnico do CTGAF, E completouse a xornada pola tarde, despois de xantar en Arcos, na sede federativa de Baio coas charlas técnicas impartidas polo director técnico do CTGAS, Julio Amoedo Chas,quen lles proxectou vídeos do CTA e lles explicou erros e acertos en aspectos como xestión de partido e traballo en equipo. Rematou a sesión formativa o colexiado de Segunda División “B” Óscar Martínez Santos, natural de Cabana, explicando as súas claves de colocación no campo. Achegáronse pola mañá ao campo de Baio os directivos da RFGF da Costa: a vocal xalleira Silvia Cancela e o subdelegado Manuel Corredoira, que comprobaron de primeira man o traballo realizado cos árbitros Promesas arbitrais en Baio coa directiva da RFGF Promesas arbitrais en Baio coa directiva da RFGF A terceira xornada do programa realizarase o 27 de abril en lugar por determinar.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-arbitros-da-costa-comezaron-a-sua-fin-de-semana-de-formacion-dende-o-futbol-profesional/

Comentarios