Venres. 29.03.2024
El tiempo

A formación e as boas relacións entre grupos municipais

A formación e as boas relacións entre grupos municipais
Diego Soto do PP co alcalde socialista de Laxe na sua graduacion O alcalde socialista de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira, acompañou ao edil do PP Diego Soto na súa graduación Foi unha cita ben interesante a entrega dos diplomas do FP de Xestión de Empresas Agropecuarias do Centro de Formación Rural de Fonteboa. Alí xuntáronse varios alcaldes para felicitar a alumnos de toda a bisbarra que estudan neste exemplar centro de ensino (seguimos sen explicarnos como é o único da zona con esta perspectiva agropecuaria…). Estaba o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, ou a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, acompañando a veciños do seu concello no día da súa graduación. E tamén estaba o alcalde de Laxe, o socialista José Manuel Mouzo Castiñeira, invitado por un alumno algo especial. Diego Soto é Concelleiro do PP en Laxe, e pediulle ao seu alcalde que estivese no acto, como mostra de boa colaboración entre grupos municipais. Un bo xesto, dende logo, polas dúas partes, que demostra que a vida política municipal non quen por que ser unha batalla. Non quere dicir que as relacións entre os dous grupos, a nivel político, sexan marabillosas, pero pon ás claras que o que pasa no salón de plenos, non debe saír da Casa do Concello.

O gran problema de Laxe

”Non é mala a relación co grupo municipa do PP”, recoñecen dende o grupo de goberno, “pero gustaríanos que o PP local apoiase en temas importantes para facer presión á Xunta, como o tema do porto”. Segue a ser o problema dos áridos o gran cabalo de batalla de Laxe, e a cousa non parece que mellore. “A praia xa parece unha selva, hai máis herba e xa non son dunas, son montañas. O paseo está cada vez máis invadido… o impacto é máis grande cada día”. ”En febreiro prometeron que o dragado, que era só un parche, estaría en primavera, e aínda non sabemos nada”, lamenta a concelleira Loli Toja, que lembra que foron “plantados” a escasa unha hora dunha reunión con portos. O malestar do grupo socialista coa Xuntaé claro. En todo caso, parece que as relacións son relativamente cordiais, con comunicación tamén co BNG, intentando dende o grupo de goberno ser o máis transparentes e dando información sobre a situación económica e a elevada débeda do concello.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios