Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A fotografía e o pensamento copan as vilas de Cee e Corcubión

A fotografía e o pensamento copan as vilas de Cee e Corcubión
Marcos Rodriguez na inauguracion da sua exposicion

Doble cita esta fin de semana coa fotografía. Se por Corcubión tiña lugar moito máis que a entrega de premios do VII Concurso de Fotografía, por Cee, a Fundación Fernando Blanco de Lema estreaba a exposición "Os Marcos do Mar", do vello coñecido da familia QPC Marcos Rodríguez.

Numerosas personalidades achegáronse á Escola de Nenas a ver a posta de longo desta exposición que pretende exhibir o mar da Costa da Morte no seu máximo esplendor. As numerosas Galerías dos temporais que temos publicado dos temporais saídas do seu obxectivo terán feito algo...

Foto, literatura e música en Corcubión

A Exposición de fotos do Concurso de Corcubión está na Capela do Pilar

E volveu ser a Capela do Pilar o epicentro cultural da vila de San Marcos. E a Universidade Cromática das Virtudes a gran dinamizadora. Este pasado venres, tiña lugar a entrega de premios do VII Concurso de Fotografía – Corcubión 2012. E foron 3 corcubiones os gañadores: María Blanco cunha imaxe da fonte; Borja Santiago por unah foto no Rostro, e Marcos Soneira co porto de Fisterra.

Presentacion do cuarto numero da revista Thaumazein da Universidade Cromatica das Virtudes

Pero a noite deu para moito máis. A mocidade cromática presentou o cuarto número da revista Thaumazein, que ademais de recoller as fotos premiadas, recompila numerosos artigos literarios e ensaísticos de varios dos seus socios.

A noite pechouse cun pequeno concerto da man de Javi Turnes, o mestre de filosofía e un dos meirande culpables de esta fornada de novos pensadores costeiros, e Mon Búa, precisamente unha das súas libres criaturas.

Momento da noite cromática na Capela do Pilar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios