Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Francia para coñecer de primeira man novos modelos de produción leiteira

A Francia para coñecer de primeira man novos modelos de produción leiteira
Viaxe do EFA Fonteboa a Francia Viaxe do EFA Fonteboa a Francia

Sempre o dicimos. Apréndese máis nunha semana de viaxe práctica, que en centos de horas de aula. E uns dos que o veñen de comprobar foron os alumnos do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, que estiveron en Francia nunha interesante viaxe técnica-profesional que realiza o exemplar centro dende 1989.

Os alumnos dalgún dos cursos de Formación Profesional que se imparten en Fonteboa, e algúns profesionais interesados na temática do programa, estiveron do 10 ao 16 de marzo visitando iniciativas e mantendo encontros con responsables dos diferentes proxectos de innovación no rural coa idea de analizalos na súa orixe, a súa evolución e os seus resultados económicos e sociais. Trátase de coñecer para ampliar a perspectiva e ver a oportunidade de aplicalos na contorna de cada un.

Iniciativas industriais, explotacións de produción leiteira ecolóxica, ganderías singulares… os alumnos non pararon de tomar nota das fiestras abertas que hai no futuro laboral.

Viaxe do EFA Fonteboa a Francia 1

O venres 16 pola tarde o grupo fixo un alto en Oyón (Alava) para coñecer a fábrica de Química Industrial Savelo SL. Trátase dunha empresa recentemente adquirida por Baustista Veo, propietario e xerente da mesma empresa con sé en Coristanco.

Na mañá do sábado o grupo trasladouse a Tamarite de Litera para coñecer Granxa San José, un referente na produción de leite a nivel nacional. Pola tarde realizouse unha visita ao santuario de Torreciudad, situado sobre o pantano do Grado, con impresionantes vistas cara ao Pirineo. O domingo, desprazamento cara á Vendée, onde eran esperados a última hora polos responsables de Meslay, centro especializado en formación de Tecnicos Agrícolas, en Xestión de Pequena Empresa e en Xestión de Entidades Sociais.
De luns a xoves desenvolveuse o programa previsto: tres visitas cada día e coloquios a última hora de cada un dos días con responsables de diversas agrupaciones profesionais.

Estaremos atentos, que durante a semana o grupo esrtivo acompañado dun equipo do programa “O Agro - Labranza”, da TVG, así que estes días emitirán varias reportaxes na canle autonómica.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios