Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar

A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar
Teresa Alvajar no 3º aniversario da Galería MUlleres de Muxía

Achégase o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e fanse máis visibles, se cabe, estas iniciativas en clave feminina. Cumple 3 anos a Galería Mulleres do Concello de Muxía, recuperando, nome a nome, a historia de grandes personalidades galegas.
Unha propostas artellada dende a Biblioteca da Muller, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008, que Muller conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico.

E tras 35 nomes claves na historia do noso país, o mes de marzo de 2013 é o mes de Teresa Alvajar. E se aquí a coñecemos un pouco mellor, o sábado 9 de marzo, Aurora Marco presentará en Muxía o libro “Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana”, co que recuperou a memoria de esta familia con Teresa.

É a pequena dos fillos dos republicanos César Alvajar e Amparo López, unha familia que sufriu duramente a represión franquista. A súa irmá Amparo foi escritora e tradutora e coñecidos foron tamén os seus irmáns Ana María, que escribiu unhas memorias e Javier, coñecido pola súa traxectoria política. A pequena, unha das que máis sufriu da familia, Teresa Alvajar foi convidada ao acto de homenaxe “Mulleres con Memoria” no ano 2007, organizado pola consellaría de Cultura e Deporte. Non deixou indiferente coa súa intervención. O seu discurso foi un berro pola liberdade que rematou cun “Viva Galiza Ceibe!” A partir de aí, Teresa Alvajar recibiu premios e homenaxes na súa terra. Teresa nunca esqueceu o compromiso coa súa terra e a súa lingua.

Máis información

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar os libros:

  • Ana Mª Alvajar. NOTAS SOBRE AMPARO ALVAJAR, EXILIADA GALLEGA. Ed do Castro.
  • Josebe Martínez. EXILIADAS . Ed. Montesinos.
  • Rosalía Sender. NOS QUITARON LA MIEL. Memorias de una luchadora antifranquista.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios