Imprimir

A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero

que pasa na costa | 04 de xullo de 2011

Mª Xosé Agra (Compostela 1956) é Doctora en Filosofía moral e política da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Desenvolve un importante labor de promoción da igualdade e de investigación no campo da filosofía política e do feminismo.

As súas liñas de investigación desenvólvense sobre filosofía política, teorías da xustiza e teoría crítica feminista. Dirixiu diversos proxectos de investigación e teses de doutoramento nestas liñas. Forma parte de grupos de investigación relacionados co feminismo , a cidadanía, a multiculturalidade, igualdade, etc…

É autora, entre outros, de: Ciudadanía: el debate feminista (2002); Ciudadanía: fronteras, círculos y cosmopolitismo (2002); «Cidadanía e Igualdade: capacidades e necesidades (2003). Cidadanía, multiculturalismo e igualdade (2004); Ciudadanía, Feminismo y Globalización (2006).

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar as súas obras:

  • ECOLOGÍA Y FEMINISMO. Agra Romero , Mª Xosé.
  • CORPO DE MULLER. Ed. Laiovento. Agra Romero , Mª Xosé.

Podes atopar máis información sobre ela na mediateca de www.consellodacultura.org

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/a-galeria-mulleres-de-xullo-esta-dedicada-a-filosofa-e-profesora-galega-m%25c2%25aa-xose-agra-romero/20110704071509068279.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA