Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres descubre as pinturas de Sofonisba Anguissola

A Galería Mulleres descubre as pinturas de Sofonisba Anguissola
CARTEL SOFONISBA ANGUISSOLA Como cada mes, a Galería Mulleres da biblioteca municipal de Muxía trae unha nova entrega dunha muller relevante. Neste mes de febreiro, a homenaxeada é Sofonisba Anguissola (Cremona 1535 - Palermo, 1625); unha italiana considerada a primeira muller pintora de éxito no Renacemento. Aos 22 anos viaxa a Roma para repirar as últimas novidades artísticas e logo de coñecer a Miguel Anxo que lle transmite coñecementos e ter encargos ata do papa Xulio III, regresa a Cremona e inicia a súa carreira profesional como mestra de éxito. Viaxa constantemente e ten moitos encargos de grandes damas e cabaleiros nobles e aínda que - debido á súa posición social - non pode cobrar recibe valiosos agasallos polo seu traballo. Aos 26 anos, en Milán coñece ao terceiro Duque de Alba que, coñecedor da súa fama, encárgalle un retrato que cambia a súa vida. Alba fala ao rei Felipe II de Anguissola. E Sofonisba viaxa a Madrid para ser dama da raíña. Anguissola ointa continuamente e retratou en numerosas ocasións á familia real. Logo de casar cun noble siciliano - case con corenta anos - continua pintando. Nunca deixará a pintura ata despois dos oitenta anos, cando case queda cega. Na súa casa recibe importantes visitas coma a de Van Dyck que a pinta en varias ocasións como veneración cara unha gran mestra. Cando morre deixa unha gran obra, en número e en xenialidade. Ainda que algúns dos seus cadros foron atribuídos a pintores varóns, a figura de Anguissola abre camiño para que se recoñezan as grandes mestras da pintura que sempre permaneceron silenciadas, a pesares do grande éxito en vida. Como é o caso de Sofonisba. Na biblioteca de Muxía pódense atopar varias obras relacionadas con esta pintora, entre elas o libro "Historias de mujeres, historias de arte" de Patricia Mayayo.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios