Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Galería Mulleres homenaxea por setembro a Ana María Matute

A Galería Mulleres homenaxea por setembro a Ana María Matute
Ana Maria Matute na Galeria Mulleres de Muxia

Continúa o Departamento de Cultura do Concello de Muxía permitindo percorrer a nosa historia a base de nomes de muller, gracias á “Galería Mulleres”. Este mes de setembro de 2014, coñecemos unha grande da literatura española como é Ana María Matute (Barcelona, 1925-2014), unha das escritoras máis influíntes dos últimos anos en España. Escritora e académica da RAE dende 1996, recibiu o Premio Cervantes no 2010.

Comezou a escribir moi nova, e chegou a finalista do Premio Nadal con 24 anos. Foi unha das autoras máis importantes da literatura española contemporánea. Foi galardoada cos premios Nacional das Letras, Planeta, Nadal e Cervantes e estivo nominada para o premio Nobel de literatura
Destacou como narradora e formou parte xeneración dos “jóvenes asombrados”, nome que ela mesma acuñaría para os autores que reflicten a situación da Guerra Civil na súa infancia. Tamén desenvolviu un labor importante na literatura infantil e xuvenil.sendo recoñecida co Premio Lazarillo  ou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil..

A universidade de Boston ten na súa biblioteca un fondo chamado Ana María Matute Collection. Ademais dende hai máis de 20 anos, Ediciones Torremozas convoca o concurso literario "Ana María Matute" de Narrativa de Mulleres .Os seus libros foron traducidos a 23 idiomas.

Na Biblioteca da Muller podes atopar ”Los niños tontos” de Ana María Matute.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios