Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Galería Mulleres lembra á primeira muller embaixadora da historia

A Galería Mulleres lembra á primeira muller embaixadora da historia
Galeria Mulleres Muxia-Alexandra Kollontai

Segue Viki Rivadulla levándonos pola historia mundial a través das mulleres mais infuíntes da nosa historia, no marco da Biblioteca da Muller de Muxía. Hoxe toca irmos ata San Petersburgo, onde nacía en 1872 Alexandra Kollontai.

Esta escritora e política rusa foi unha revolucionaria e femininsta. Pertenceu ao movemento socialista e militou no Partido Obrero Socialdemócrata Ruso. Participou activamente na Revolución Rusa e desempeñou o cargo de Comisaria do Pobo para a Asistencia Pública no goberno, sendo a primeira muller embaixadora da historia.

Crítica coa dirección do Partido por excesivo centralismo e limitar a liberdade de discusión, tivo problemas. Traballou activamente na escrita a prol da liberación da muller e organizou ás traballadoras rusas que acadaron así o pleno dereito de voto e unha igualdade cos homes en materia laboral.

Defendeu o dereito da muller á paridade total na vida social, sexual e familiar. A súa aportación suscita un amplo debate na historia da emancipación da muller, pois os seus escritos constitúen verdadeiros manifestos para a historia da liberación das mulleres.

  • Na Biblioteca da Muller de Muxía podes atopar:
    - Kollontai, Alexandra. Amor Vermello e escritos sociais e políticos.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios