Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Galería Mulleres queda na Coruña para coñecer a narrativa de Mercedes Leobalde

A Galería Mulleres queda na Coruña para coñecer a narrativa de Mercedes Leobalde
Galeria Mulleres de Maio 2015-Mercedes Leobalde

Seguimos, despois de 5 anos, percorrendo a historia en clave feminina ca Galería Mulleres que artella Viki Rivadulla no Departamento de Cultura do Concello de Muxía. E hoxe toca pararmos preto, na Coruña, para coñecer a escritora Mercedes Leobalde.

É licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, Tras un breve paso polo mundo editorial, durante máis dunha década compaxinou a docencia (primeiro como profesora de lingua e literatura en ensino medio e logo impartindo cursos de lingua e linguaxe administrativa e xurídica para adultos) con labores de tradución relacionados co mundo da arte.

Actualmente traballa como tradutora intérprete no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, no tempo que lle queda, escribe.

Foi premiada no Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2011) polo relato Fáltasme e no Manuel Murguía de Narracións Breves por Taxi driver, publicado no volume colectivo Outra rolada (2013). Gañou o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario Chamádeme Eva (Editorial Caldeirón, 2013), e en 2014 o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole coa obra de relatos breves Funambulistas, publicada recentemente por Xerais.

Na Biblioteca do Concello de Muxía podes atopar:

  • Leobalde, Mercedes. Chamádeme Eva. Caldeirón.
  • Leobalde, Mercedes. Funambulistas. Xerais.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios