Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres recoñece o traballo fotográfico de Ruth Matilda Anderson

A Galería Mulleres recoñece o traballo fotográfico de Ruth Matilda Anderson
galeria mulleres ruth matilda anderson galeria mulleres ruth matilda anderson A fotógrafa Ruth Matilda Anderson (Nebrasca 1893 - Nova York 1983) é a protagonista da Galería Mulleres da biblioteca municipal de Muxía - dirixida por Viki Rivadulla -. Ainda que estudara para maestra, Ruth Matilda Anderson foi recoñecida polos seus traballos fotográficos logo de seguir os pasos do seu pai. En 1921, cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada por The Hispanic Society of America. Alí estivo baixo a supervisión do director, Archer Milton Huntington, actualizando as súas técnicas como fotógrafa e investigadora. Comezou como fotógrafa do museo e, en 1922, foi nomeada conservadora de fotografía. No 1924, por encargo da Sociedade, macha a Galicia - acompañada do seu pai, Alfred Anderson - para capturar todas as cousas que os tempos modernos estaban a facer desaparecer. Como ela, outros fotógrafos, ían percorrer outros recunchos de Europa na procura do máis enxebre, do máis típico. Entre 1924 e 1925, Ruth Matilda e Alfred Anderson percorreron Galicia facendo inventario dos traxes típicos galegos, dos costumes e dos oficios. Ruth voltará entre 1925 e 1926 con outra fotógrafa da The Hispanic American Society, Frances Spalding, para rematar a expedición censal do como era Galicia nos anos 20. Boa parte destas otos están publicadas no libro "Gallegan provinces of Spain, Pontevedra and La Coruña", das que a maioría pertencen á Costa da Morte. Da viaxe quedan máis de 5000 fotografías, que serviron de base para exposicións e para o libro "Ruth Matilda Anderson, Fotografías de Galicia 1924-1926, coeditado no 1998 pola The Hispanic Society of America e a Xunta de Galicia, e uns diarios que Alfred Anderson escribiu durante a súa aventura. As súas fotos escapan aos aspectos da Galicia máis urbana. O que captura é o universo rural, as clases menos favorecidas e os elementos máis exóticos para o ollo do espectador que verá as imaxes na Nova York dos Felices 20. (Parece que a pesares de deixarnos unha documentación fotográfica e de metas valisísima, o que escribía sobre o visto non eran tan marabilloso). A visita dos Anderson non deixou indiferentes a un moi noviño Ramón Caamaño que xa logo comezaba a traballar nas súas primeiras imaxes.  

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios