Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Á gloria tamén se chega a chicas

Á gloria tamén se chega a chicas
Xusto no seu peor momento da tempada, unha vitoria ante o Louro daríalle o ascenso ao Corcubión; aos muradáns chégalles cunha igualada; aínda máis preto está o Laxe Toja e Geiko (que non estará) no choque da segunda volta en Agra da Filgueira Toja e Geiko (que non estará) no choque da segunda volta en Agra da Filgueira O mus, a pocha, o cabrón… e o ascenso a Segunda Autonómica. Parecen ser os únicos xogos onde indo a menos tamén se vence. Bromas aparte, dous tercios da competición Corcubión e Monte Louro teñen sido sobresaíntes, e agora chegan a un cara a cara sen punto de retorno, onde o vencedor será novo equipo da Liga da Costa. En caso de igualada, a celebración irá ata a costa muradán. Houbo chamada a épica e á masa social nos dous casos, polo que Cubaleiro vestirase de novo de tarde grande. Tres derrotas consecutivas, máis un pase vestido tamén de partido perdido na Copa deixan ao Corcubión nun mar de dúbidas, que seguramente pase a segundo plano unha vez comece o choque. Estará todo o grupo a disposición do técnico, Emilio Corzón, e no aire está aínda a dúbida do prantexamento. No caso dos loureáns a situación tórnase algo máis difícil, toda vez que a maiores do máximo goleador da liga, Geiko, tampouco estará a disposición de ser convocado Dani Deza, por culpa dun esguince. O míster Caluso ten completado a convocatoria, como normalmente, tres integrantes do equipo Xuvenil. Na retina permanece o 7-0 co que os muradáns se impuxeron en Agra de Filgueira, nuns dous últimos meses dunha irregularidade terrible, alternando tardes así con derrotas como a de Camelle ou co Nantón. Curiosamente, arbitrará o herculino Iglesias Bazarra, co que a gasolina para o partidazo está servida. Así o ven os protagonistas:
  • Brais (delegado do Corcubión): "É obvio que somos nós os que temos que arriscar, e que son eles os que están por diante; confiamos nos nosos e as pilas están a tope"
  • César (delegado do Monte Louro): "Estamos moi ilusionados, pois hai un mes non contabamos con chegar a Corcubión dependendo de nós; chegamos ben e quizais para eles sexa aínda máis importante"
Posibles 11
  • Campo: Cubaleiro
  • Hora: Hoxe, 17.00
  • Corcubión: Jesús, Adri, Pablo, Marco Castreje, Xabi, Alán, Sebas, Mario Suárez, Samu, Tito e Lema
  • Monte Louro: Iago, Abel, Borja, Pablo, David, Dani DJ, Gelo, Adrián, Sexo, Riki e Juan de Celia Árbitro: Iglesias Bazarra
  O Corcubión fixo un chamamento O Corcubión fixo un chamamento O Louro non quedou atrás O Louro non quedou atrás O Laxe, a puntiño Tamén se agarda unha festa por todo alto en Laxe, un dos últimos clubes en retornar ao fútbol da Costa, e que está a compretar a súa mellor tempada en moitos anos. Os bergantiñáns terán enfrente a un competitivo e aguerrido Nantón, que xa deu moitos sustos este curso. Haberá baixas importantes nos locais, como Noé, Naya, Gora, Miguel Varela, Pichel ou Samu, aínda que só é segura a ausencia de Steven. Para o técnico Adrián Lema, "o Laxe ten moitas ganas de lograr o ascenso para este gran pobo, pero sen ningún tipo de presión, porque só é fútbol". Hoxe, a partires das cinco da tarde, con arbitraxe de Miño Rojas, Cabo D'Area pode ser unha gran festa.  

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios