Venres. 29.03.2024
El tiempo

A gran final das LCFs demostra que o Fútbol da Costa ten garantida a canteira

A gran final das LCFs demostra que o Fútbol da Costa ten garantida a canteira
Esta fornada de muxiáns levan dous títulos en 3 anos nas LCFs Esta fornada de muxiáns levan dous títulos en 3 anos nas LCFs

Menuda xornada auténtica de deporte de base a que se viviu no Conco este pasado sábado. A fase final da XX Liga de fútbol sala de base Costa da Morte, organizada polo Clube Deportivo Costa da Morte en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, acollía ducias de nenos e familias. Todos os encontros disputados foron dun gran atractivo para os espectadores que ateigaron o aforo do pavillón, xa que o espectáculo deportivo que os rapaces e rapazas ofreceron foi de admirar. Víronse partidos dun elevadísimo nivel, polo que a Costa da Morte ten garantida unha estupenda canteira.

Os campións nas categorías de benxamín, alevín e infantil foron respectivamente o Concello de Fisterra, o EDM Concello de Muxía (segundo título para esta quinta en tres anos) e As Baleas de Camariñas.

Os resultado da competición foron os seguintes:

Benxamíns:

  • Semifinal: As Baleas – EF. Corcubión (4-2).
  • Semifinal: C. Fisterra – EMF. Vimianzo (4-0).
  • Final: As Baleas – Concello de Fisterra (2-6).

Alevíns:

  • Semifinal: As Baleas – Manuela Rial (2-3).
  • Semifinal: C. Muxía – EF. Corcubión (3-3) (Pasa o C. Muxía a penaltis).
  • Final: Manuela Rial Mouzo – EDM Concello de Muxía (1-2).

Infantil:

  • Final: As Baleas – Manuela Rial (3-1).

Fase intercomarcal

Así, os equipos que representarán a Costa da Morte na fase intercomarcal de deporte escolar, que terá lugar en Negreira e A Baña o vindeiro 29 de abril son os gañadores:

  • Benxamín: Concello de Fisterra.
  • Alevín: EDM Concello de Muxía.
  • Infantil: As Baleas.

A Galería

O SD Fisterra O EFM Vimianzo O Manuela Rial Manuela Rial Infantil Manuela Rial Infantil Un dos equipos do EF Corcubion Un dos equipos do EF Corcubion Outro dos equipos do EF Corcubion 3 equipos tivo As Baleas nas finais das LCFs 3 equipos tivo As Baleas nas finais das LCFs  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios