Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A gran loita de Cid en Salvacadelos

A gran loita de Cid en Salvacadelos
Cid cando foi recollido en Salvacadelos

Trátase dun canchiño de algo menos de un ano de idade, raza leonado, que apareceu o mes pasado preto de Corcubión. Estaba en moi mal estado nunha cuneta. Cheo de fame e paralizado de atrás, cunha gran anemia e con lesións graves nunha das patas traseiras. Posiblemente por un atropelo, queren pensar as veterinarias da -Clínica Argos antes de pensar noutras cousas...

Foi unha familia de Corcubión a que o adoptou tras recuperarse na Clínica ceense, e chamoulle Cid, pola gran loita que tivo este pequecho para saír adiante. Cada día que pasa xa se vai movendo mello e ten á súa familia adoptiva enamorados.

Polo de pronto van por bo camiño, e o cadeliño segue acostumándose e camelando á súa nova familia. Pero as feridas non curan tan facilmente. "Non sabemos todo o que tivo que sufrir o pobre animal pero, aínda que vai mellorando o seu estado de ánimo pouquiño a pouco, si se nota que foi maltratado e mostra acenos de medo e esas cousas..", cóntanos a heroína corcubionesa.

Cid encantado no seu novo fogar

Máis canciños en adopción

Esta é unha cruce de beagle femia, de aproximada 3 anos de idade. É moi boiña.

Gatiños

Estes fermosos gatiños buscan un fogar en Salvacadelos

Estes son uns gatiños que xa teñen idade para independizarse. Son 6 pequenos dunha gata que pariu polo barrio hai un mese que un veciño tivo a ben de coidar na súa casa.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios