Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A II mostra de Teatro Afeccionado de Zas reúne compañías de toda a comunidade

A II mostra de Teatro Afeccionado de Zas reúne compañías de toda a comunidade
    Coa premisa de que esta edición consolide a Mostra dentro da axenda cultural de Zas e que vaia gañando espazo no resto da comarca, o departamento de Cultura do concello de Zas - coa colaboración do grupo de teatro Badius - pon en marcha a II Mostra de Teatro AfeccionadoEsta nova edición arranca o vindeiro 22 de abril, ás 21 horas, no auditorio de Zas con "L" da compañía noiesa Pinchacarneiro. A obra está dirixida a público maior de 13 anos. En total serán cinco representacións ás que lle hai que engadir o acto de entrega de premios que terá lugar o domingo 28 de maio. Todas as sesións serán ás 21 horas e repartiranse entre os auditorios de Baio e de Zas. A entrada é sempre de balde. As citas A seguinte sesión será o sábado 29 de abril coa obra “República de Gundián”, de Andaravía Teatro da asociación cultural Papaventos de Vedra. Esta obra está dirixida a todos os públicos e representarase no auditorio de Baio. A compañía Martabelas - da asociación Teenses pola Igualdade de Teo - traerá o 6 de maio a súa obra "Dez baixo cero" ao auditorio de Zas. Esta é unha sesión para público maior de 7 anos. As citas continúan o sábado 13 de maio no auditorio de Baio coa obra "O de menos é o nome" que se encargará de interpretar a agrupación teatral Mariñán de Betanzos e que está dirixida a todos os públicos. A encargada de poñerlle o broche a esta segunda mostra de teatro afeccionado será a compañía de O Catre Teatro (da asociación cultural Alende de As Pontes) coa obra "O medo meu". A cita será no auditorio de Baio e está dirixida a maiores de 16 anos. Despois das representacións o xurado dará a coñecer o seu veredicto durante o acto de entrega de premios que terá lugar o domingo 28 de maio, ás 18 horas, no auditorio de Baio. A continuación, terá lugar a clausura da X escola municipal de teatro infantil. Dinamización cultural e social A Mostra de Teatro Afeccionado, dirixida pola concellería de Cultura de Zas con Manuel García Velo ao frente, ten como finalidade dinamizar a actividade cultural do municipio e a social, xa que supón unha alternativa de ocio aos veciños e veciñas ademais de atraer visitantes á zona. Ademais, esta mostra é un recoñecemento ao teatro afecciondado. "É moi importante que o  público valore o traballo dos actores e actrices que no seu tempo libre se adica ao teatro afeccionado que tan importante é na cultura galega", sinala Velo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios