Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A III Travesía Navega O Camiño remata o seu particular periplo en Muros

A III Travesía Navega O Camiño remata o seu particular periplo en Muros
travesia-navega-camino As case trinta embarcacións que participaron na III Travesía Navega O Camiño sairon onte de Muxía Case un cento de peregrinos mariños da III Travesía Navega O Camiño remataron onte as dez etapas por mar despois dunha xornada de navegación entre Muxía e Muros. A tripulación das case trinta embarcacións participante pasararán a xornada de hoxe descansando na vila muradana onde completarán unha parte da travesía a pé de cinco quilómetros pola ruta do Camiño Inglés e obter o selado das credenciais, tarefa da que se encargará o concelleiro de Deportes de Muros, José Antonio Uhía. Xa o domingo, trasladaranse en bus ata o monte do Gozo para rematar os últimos quilómetros a pe ata a Catedral de Santiago onde os estará agardando o director-xerente da S.A. de Xesión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. Xa na praza do Obradoiro, o conselleiro de Educación e Cultura - Ramón Rodríguez González - recibirá á comitiva. Esta peculiar peregrinaxe por mar está organizada por Northmarinas. https://quepasanacosta.gal/a-iii-travesia-navega-o-camino-chega-a-muxia/ Fonte 

Comentarios