Xoves. 18.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
08:49
17/03/20

A Ira

“Aínda de neno, cando non me faltaba de nada, desexaba morrer: quería rendirme, porque loitar non tiña sentido para min. Consideraba que a continuación dunha existencia que non tiña pedido non ía probar, verificar, engadir nin substraer nada. Todos os que me rodeaban eran fracasados ou, senón, ridículos. Sobre todo, os que tiñan éxito. Estos me aburrían ata facerme chorar…”

 

Este parágrafo ao comezo de “Trópico de Capricornio”, obra cumio do novelista estadounidense Henry Miller, ilustra para min con claridade a complexidade existencial do momento que vivimos e do tempo que se abre diante nosa. A Cuarentena, que ocupará espazo nos libros de historia, é un deses sucesos que forman parte do tecido mental dunha sociedade. Un punto de inflexión, un instante especial i especifico na nosa vida como comunidade. Algo que vai máis aló da nosa persoa e das nosas tribulacións particulares.

É neste contexto cando unha emoción/comportamento se aprecia máis que nunca a flor de pel, a rentes da boca, das mans, dos ollos das persoas.

A ira é un sentimiento de indignación que causa rabia. Tamén está descrita como o apetito ou desexo de vinganza. E Ira é a furia ou violencia dos elementos da natureza. E estas tres definicións enmarcanse coma unha luva no contexto actual, no surrealismo que habitamos dende hai uns días coma náufragos a mercé das ondas feroces dun temporal costeiro.

Estamos sinceramente indignados. Moito. Son demasiadas cousas incontrolables, que pertencen a un círculo que queda moi lonxano ao noso mando e dirección. Esta indignación por tanto se traslada ao día a día. Somos impredecibles, violentos, tiránicos e nada razoables. Somos pura masa sen xeito, e así a cousa aparenta que vai acabar mal. Por ira tamén amosamos un claro espíritu de vinganza. Contra todo e todos, con ou sen xeito (si a vinganza ten algún xeito, que está por ver). A víscera fai difícil discernir que pasa por puro azar e que o fai por vontade dos demais, e iso nos altera mais ainda se cabe. E esa furia que nos enche é a que desata a natureza contra nós. Porque o inimigo non é un inimigo calquera, nin por entidade nin por condición.

O COVID-19, ou Coronavirus coma demos en bautizalo e unha clase de virus cunha orixe descoñecida pero identificable: é un virus mutante que pasou dos animais as persoas. Por iso o de “Corona”. Un Coronavirus chamase así polas puntas en forma de coroa que presenta na superficie o virus. Este en concreto é novo, é dicir, non se coñecía na súa forma e efectos actuais e ten dúas características que o fan especialmente perigoso: se propaga con rapidez e facilidade e actúa contra o sistema respiratorio. Dúas cousas que aos galegos non nos van nada ben.

O virus non lle importa nada a nosa vida. Non sabe cales son os nosos dereitos, nin o que nos apetece nin o que pensamos que temos que poder facer porque nos peta ou nos sae do carallo. O virus impórtalle un grelo a economía, si chegamos ou non a fin de mes ou si estamos facendo ioga ou si queremos marchar de vacacións. O virus ten coma única programación a de medrar e multiplicarse, ocupando canto máis espazo sexa posible ao tempo que infecta células sas no noso peito e nos nosos pulmóns. O virus sabe que ou vive el ou vivimos nós, e non sabe nin entente de nada máis. E nesta loita el leva as de gañar. Sempre.

O único que temos ao noso favor é a ira. Esa ira furiosa e irrepresible. Esa ira nos ten que facer infalibles, certeiros, directos, implacables.

Metro e medio de distancia, luvas e mascariña cando as autoridades o indiquen e viaxes unicamente para ir ao gran. A traballar ou a comprar comida ou mediciñas, punto. Atención aos nosos vellos, que poden levar a peor parte, e moita hixiene, moita. Con rabia, con gravidade e sen piedade con nos mesmos. Nada de descuidos, nada de distraccións.

A ira nos salvará ou nos matará, pero despois destes días nada será nunca igual a como era, por moito que nos empeñemos.

“ ...Non se chega a ser artista da noite a maña. Primeiro tes que verte aplastado, ver destruidos os teus puntos de vista contraditórios. Tes que verte borrado do mapa coma ser humano para renacer coma individuo.”

Boa sorte.

OUTROS ARTIGOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

DE QUE ESTAMOS FALANDO...

INFORMES SOCIOECONÓMICOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

Comentarios