Venres. 19.04.2024
El tiempo

A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica

A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica
Liñas de evacuación eléctrica do parque eólico de Mouriños-Laxe Liñas de evacuación eléctrica do parque eólico de Mouriños-Fonte-Salvemos Cabana

A Plataforma Salvemos Cabana vén de presentar unhas novas alegacións contra o proxecto eólico Mouriños, desta volta sobre a liña de evacuación eléctrica. A Plataforma considera que a iniciativa “non avalía correctamente os posibles efectos sinérxicos e acumulativos en relación coas infraestruturas e liña eléctrica de evacuación do proxecto Pena Forcada-Catasol II”, que Gas Natural está a proxectar en Laxe, a apenas 5km de distancia. Neste sentido considera que os dous proxectos industriais non se poden “fragmentar”, como veñen dicindo tribunais nacionais e internacionais.

Denuncia tamén que os informes non avalían tampouco “as posibles afeccións sobre os hábitats e as especies de interese comunitario presentes na zona.

Por iso, a Plataforma considera que “este feito invalida o procedemento administrativo tal como está a realizarse pola Xunta, que debería plantexarse dende cero integrando todos os proxectos presentados nun único expediente e valorando conxuntamente as afeccións socioambientais do mesmo, razón pola que solicitou a desestimación da autorización administrativa e de construción, a declaración de utlidad pública e de urxente ocupación, a declaración sectorial de incidencia supramunicipal e a emisión dunha declaración de impacto ambiental desfavorable en virtude das deficiencias no proceso de tramitación do proxecto eólico Mouriños e os seus expedientes complementarios”.

Copia e pega

Paralelamente considera sorprendente que “na sección "Programa de calidade ambiental" do proxecto de execución da liña eléctrica cítanse de maneira reiterada departamentos e normativas do País Vasco no que parece máis ben tratarse dun copia-pega da documentación doutro proxecto industrial presentado en Euskadi que dunha errata accidental”.

Así, entre outros apartados, en canto á protección do patrimonio cultural faise referencia ao "contacto co Dpto. de Patrimonio do Gobierno Vasco para comprobar a posible inclusión no inventario de patrimonio arqueolóxico e arquitectónico de novos achados na zona de obras”.

Novas relacionadas

Outras novas eólicas

 

Fonte

Comentarios