Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos

A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos

A loita contra a explotación da mina de ouro a ceo aberto de Corcosteo segue en marcha. E colle tintes poéticos xa, pois este vindeiro sábado 11 de agosto de 2012, a partir das 20:00h, a Casa dos veciños do Couto (Ponteceso) acollerá o Recital "VerSOS contra o cianuro", unha proposta cultural contra a destrución da paraxe natural de Bergantiños, pero tamén contra a falta de liberdade de expresión.

I é que os membros da Plataforma en Defensa de Corcoesto veñen denunciando dende hai tempo un afán persecutorio do alcalde, que non lles permiten colocar pancartas ou manter reunións en espazos públicos. "Prohibido prohibir" é outro dos lemas da cita cultural e reinvindicativa.

A poesía, esa arma cargada de futuro, servirá nesta ocasión como elemento reivindicativo, como revulsivo, como espertador de conciencias adormecidas.

Recital "VerSOS contra o cianuro"

Serán grandes persoeiros da cultura da zona os que lean os seus poemas Lucía Aldao, Diego Cousillas, Óscar de Souto, Chisco Fernández Naval, María Lado, Xosé Antón Laxe Martiñán, Miguel Mato, Lucía Novas, Xosé Luis Santos Cabanas e Paco Souto.
O pianista Serxio Moreira encargarase de poñer fondo musical aos poemas. A parte plástica correrá a cargo de Nolo Suárez, cuxo mural servirá de telón de fondo ao espectáculo.

E como dixemos, detrás de todo esto está a activa Plataforma en Defensa de Corcoesto, co apoio do colectivo Redes Escarlata.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios