Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos

A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos
Concentracion do Comite de Ferroatlantica do 27 de xaneiro de 2017

Nova xornada de loita esta pasada tarde de venres 27 de ás portas da fábrica de Brens. Outra concentración para berrarlle alto á empresa que desista dos seus intereses de vender as centrais hidróeléctricas, para non levantar o pé do acelerador, como apuntaban esta semana os alcaldes, a pesar de que a sensación é que, co paso do tempo, a venda é menos probable.

Unha cita á que non faltaron os traballadores, moitos familiares e veciños, e varios representantes políticos. Antón Sánchez, de En Marea, Serxio Domínguez e Kuka Sar do BNG, ou Loli Toja e Loal Insua do PSOE fixeron acto de presencia, para apoiar unha loita sindical que vai moito máis alá dos 400 postos de traballo directo da empresa. Un asunto que vai contra a liña de flotación desta varada, economicamente, comarca.

Dúas mocións

Nese sentido, os deputados socialistas María Dolores Toja Suárez, Abel Losada Álvarez e José Manuel Pérez Seco, presentaron dúas mocións sobre o asunto a pasada semana. Na primeira, o PSOE preguntou ao presidente da Xunta canto de certos son contactos entre o fondo de investimentos de Canadá Brookfield, interesado na adquisición das centrais hidroeléctricas. Nese sentido, o PSOE lembra o compromiso que adquiriu a Xunta cos traballadores, e pide que se dea claridade ao asunto, e que a Xunta se posicione firme e publicamente.

Igualmente, o PSOE pediu á Xunta que indique de que información dispón o Goberno galego neste momento sobre a intención de Ferroatlántica de vender as súas centrais hidroeléctricas.

 

Novas mobilizacións

Á concentración do pasado venres seguiranlle outras dúas os días 10 e 24 de febreiro. Como é habitual, as protestas serán ás 18:30 horas diante da fábrica de Brens. A partir de aí, se a empresa teima na súa intención de vender as centrais, avanzarase na convocatoria de folga.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios