Venres. 19.04.2024
El tiempo

A lonxa de Malpica incrementa nun 93% a súa actividade con respecto ó ano 2013

A lonxa de Malpica incrementa nun 93% a súa actividade con respecto ó ano 2013
Como cada primeiro de ano, toca facer balance do ano anterior. Nesta ocasión, tócalle o turno ao sector pesqueiro da Costa da Morte. E a boa nova é para a lonxa de Malpica de Bergantiños; xa que durante o 2014 comerciliazou un 93% máis de producto fresco ca no ano anterior, o 2013. Desta forma, a lonxa malpicana sitúase como a segunda máis importante da Costa da Morte. En total, foron 2.095 toneladas de peixe fresco as que pasaron por aquí, supoñendo un importe de 2,7 millóns de euros. O balance do 2014 tamén é positivo para a lonxa de Camariñas, que se mantén como a máis importante da Costa da Morte. Aquí descargáronse 2,796 toneladas de peixe por un importe total de 2,9 millóns de euros. Isto supón case un 50% máis de capturas que no ano 2013. Esta cifra posiciona á lonxa de Camariñas no oitavo posto a nivel galego. Estes datos recolléronse nestes días nos perfís do Facebook de Malpica. O mar de Sisarga e Camariñas, todo Mar. Costa da Morte.

Comentarios