Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Mariscadora de recordos de Cabana lévanos de viaxe literario á diáspora máis actual

A Mariscadora de recordos de Cabana lévanos de viaxe literario á diáspora máis actual
A cabanesa Alejandra Plaza co seu libro sobre a diaspora A cabanesa Alejandra Plaza, á esquerda co seu libro sobre a diaspora nas librarías Continuamos colleitando novidades literarias da Costa da Morte, e se a semana pasada achegábamonos a Dumbría, hoxe toca irmos a Cabana de Bergantiños. De alí é Alejandra Plaza, a escritora que nos vai levar nunha viaxe ao mundo da emigración. Pero da diáspora máis actual, cun libro que apela á conciencia do lector . “Si fuese fácil lo haría otro. La emigración en la Europa del siglo XXI” (Editorial Círculo Vermello), conta historias de tantas familias que se verán recoñecidas nunha obra que achegará ao lector á diáspora máis actual. Que das emigracións dos anos 1920, dos anos 60 do século pasado… xa temos moitas constancias. Pero dos moz@s emigrados dende comezo de século non se ten escrito tanto. Así, nos conta a realidade que viven moita xente nestes días polo mundo adiante, a través de historias persoais, estatísticas e cuestións como a importancia do asociacionismo no exterior, o proceso de integración ou as consecuencias de vivir entre dous mundos. O libro nace a raíz dun relatorio sobre emigración que a súa autora levou a cabo no Instituto Cervantes de Frankfurt durante a celebración do Día Hispánico en Alemania. “Este evento foi o motor de arranque. A partir de aí, a experiencia vivida en primeira persoa, a compartida con emigrantes de diferentes xeracións e a miña entrega e dedicación neste campo fixérono posible” asegura Plaza, que leva moito tempo escribindo sobre este asunto. YA A LA VENTA el libro de Alejandra Plaza Si fuese facil lo haria otro

A autoraAlejandra Plaza escritora de Cabana de Bergantinos

A escritora Alejandra Praza, observadora incansable do mundo, sensible e práctica, diestra coa palabra e a visión, esta emprendedora e forxadora de oportunidades costeira-galega-suiza-alemá, válese da cohesión como estratexia e da diplomacia como talento. No seu sentido de país reside a súa riqueza profesional e persoal e, na prosperidade e benestar das súas xentes está o seu obxectivo. Viaxeira incansable e mariscadora de recordos e historias da emigración española desde o ano 1997, pretende plasmar neste libro parte da experiencia vivida en primeira persoa e compartida con tantos emigrantes a través dos anos e demostrar que... “Si fose fácil, faríao outro”.

Novidades literarias costeiras

https://quepasanacosta.gal/do-wattpad-ao-libro-a-dumbriesa-noelia-castro-estrea-o-seu-primeiro-libro/ “O escritor muradán José Manuel Bermúdez trasládanos a Palestina coa súa última novela” — Que pasa na costa “Loly González estréase no mundo da novela co seu “Amor viajero”” — Que pasa na costa “Fisterrania: Xerardo Vidal lévanos ata o medievo na Fin da Terra coa súa última novela” — Que pasa na costa ““Fixen unha ruta polo Monte Pindo, e xa quixen escribir a novela. Xa vía escapados por todas partes”” — Que pasa na costa “María José Lago Traba presenta en Fisterra a súa nova novela” — Que pasa na costa “Unha novela ambientada no noso Fin da Terra, candidata aos Premios de Amazon” — Que pasa na costa “Mercé Barrientos e Yano Yoro presentan un libro en Muxía” — Que pasa na costa “Un libro de Ramón García Filgueira recolle a historia das embarcacións de cabotaxe na Costa da Morte” — Que pasa na costa “Mohamed Safa reestréase como escritor” — Que pasa na costa

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios