Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo

A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo
Cuns días de retraso facemos o repaso á cita folqueira na fin do mundo, que se deu cita na Anchoa de Fisterra o pasado sábado 21 de agosto de 2010. Unha festa auténtica que mestura tradición e misticismo por igual, pois ademais da boa música con raíces o lugar ponlle un aquel romántico á esta Festa Folk na Fin do Camiño. Ademais dos centos de peregrinos que aproveitaron a súa chegada á fin do camiño para disfrutar da mellor música galega, os folqueiros de todo o país non faltaron á cita. Unha cita que serve ademais de plataforma para as bandas galegas. I é que a organizadora Asociación Anchoa teno claro, e sempre aposta polas bandas do país como exemplo de temos nas nosas terras suficientes grupos para montar un gran festival. Así nolo conta dende a Anchoa Socorro Insua, que valora moi positivamente todo o trancorrer da festa, tanto no seu desenvolvemento como na participación de xente da Costa e de todo o país. A Festa xa comezou pola tarde, coa tradicional Charanga Vendabal de Fisterra, que amenizou a degustación de polbo á Feira. O equipo da Anchoa xa estaba en marcha, coas súas camisolas e sen parar de traballar, e disfrutar, durante toda a tarde-noite. A Queimada abríu o telón e ninguén mellor que os fisterráns de A Crus de Baixar (veer vídeo abaixo) para abrir, na casa, este festivalón da XII Festa Folk na Fin do Camiño. Unha Crus de Baixar que se gustou, que trouxo os seus temas máis tradicionais cunha banda integrada por xentes de toda a comarca fisterrá. Chegou Mercedes Peón e o público calou e escoitou. I é que estabamos ante unha das mellores expoñentes da emerxencia da música galega nas últimas décadas. O rexistro de voces con sabor á terra, cunha revisión tremendamente innovadora da música tradicional, fixo que os verdadeiros amantes do folk vibrasen e sentisen a fin do mundo no corazón. A propia Mercedes Peón daba as gracias no eu Facebook a toda Fisterra por unha "noite tan preciosa". Responderon os seus fans quen lembraban a "maxia", a "forsa" ou o "terremoto musical" da súa actuación. I é que ata a mocidade fisterrá máis cañeira fliparon cos ritmos desta vangardista galega, que tanto fai pola cultura e a lingua do noso país. A Banda da Balbina demostraron que a diversión forma parte da música e o cabaret mesturouse en clave de folk e de humor para facer bailar a toda a Anchoa. Impresionante o despliegue de Silvia Carneiro montando gresca en plan can-can. Que mellor para pechar a noite que unhas cumbias galegas. O Sonoro Maxín, esa nova banda co mellor daquela Lamatumbá, comezou con ritmos suaves para rematar a festa rachada cun ritmo infernal.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas da Axenda Sonora

Fonte

Comentarios