Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Mikaela peregrinou por todas as tabernas de Buño

A Mikaela peregrinou por todas as tabernas de Buño

Impresionante o despliegue festexeiro da Mikaela de Buño. A raíña do entroido malpicán celebra o seu particular Vía Crucis de bares neste Sábado de Piñata. Alá vai, dende a parte de abaixo da vila, montada no tractor, e con un séquito de feligreses disfrazados (non faltaba un), baso de tubo en man, bailando detrás a ritmo da discoteca móbil de turno.

E mira que hai tabernas un sábado coma este en Buño. Ata as cerámicas agochan o barro e sacan as barras, e no canto de Alfarería convírtense en Licorería... Pero a Mikaela tivo tempo, dende as 17:00h da tarde, para percorrer cada un dos bares de Buño, antes de que o Padre Añón, o cura laico de Buño, lle outorgase a extremaución para ser xa pasto das chamas. Xa co enterro consumado foi a America SL a que puxo a nota musical para manter a festa ben viva.

Un festa con historia e igualdade

Malia que a día de hoxe a festa estea prantexada para a festa máis xuvenil, falamos dunha celebracióin que vén dende os anos 70. Como nos contan os Asociación de Amigos da Mikaela, a festa está collendo un protagonismo comarcal cada día máis importante, e non había máis que velo neste sábado, cando máis de un milleiro de rapaces ateigaban a pequena vila de Malpica, o que dá conta da incidencia para toda a zona.

Pero ademais, unha das contas pendentes que tiña esta festa é a paridade. Ata hai 5 anos as mulleres non podían participar da mesma, pero xa o ano pasado comprobamos que as mulleres mandan tanto coma os homes. De feito, este ano as comparsas tiñan un número semellante de homes que de mulleres, algo inevitablemente positivo para a festa.

Peche ao entroido

Aínda faltaba o Cocido do Farruco, que se celebrou este domingo na parroquia de Seaia. E pecharon así un completo entroido malpicán, con sesión de piñatas e doces a pasada semana, e moita troula neste fin de semana de enterros e alcol.

Novas relacionadas

Máis entroidos

Fonte

Comentarios