Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A morte da Costa da Morte

A morte da Costa da Morte
As casualidades non existen, como ben nos dicía "Jeanne Picard", xa que nas nosas estradas os accidentes mortais sempre coinciden nos mesmos puntos negros de toda a vida. Esta longa letanía de esquelas nas mesmas cunetas de sempre. Porque o 90% destas mortes son evitables, claro que si, pero o alto mando xa o sabe, xa fai 20 anos que o sabe. Un dos grandes problemas que existe e persiste na nosa Costa da Morte e a falta incomprensible de medios básicos para o rescate dun ferido grave, posto que nunha zona moi extensa como son as nosas comarcas, Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra, non temos aínda (nin sequera) unha ambulancia medicalizada, instrumento imprescindible para o rescate digno dun infartado ou dun destes frecuentes feridos en accidentes de tráfico, constante cotiá nas nosas sinuosas e maltreitas estradas. Son máis de 115.000 habitantes sen unha ambulancia medicalizada. Unha convinación perfecta para que alguén faleza no traslado dende Baio (por exemplo) ata o enlace máis próximo a autopista, e de ali ata A Coruña (sen pagar peaxe), porque se o ferido vai moi grave… xa non fai falta pagalo… nin tampouco ir axiña, por desgraza. Imaxe do accidente entre Carballo e Malpica-Foto-Oscar de Souto Imaxe do accidente entre Carballo e Malpica-Foto-Oscar de Souto O deseñador de vias rápidas, con carril adicional e ceda el paso perante un cambio de rasante incuido, nunha estrada esbaradiza e mollada, coma a que aparece na imaxen, a ese deseñador ou deseñadores de puntos negros predeseñados, deberiamos aplicarlles a pena de morte por xenocidio e ademáis por burros. Porque xa hai que ser zascandíl e tordo, entre outros adxetivos descalificativos, construir esta xigante trampa para ratos nunha das estradas onde (dende a súa inauguración) faleceron xa tantos veciños e veciñas, algúns coñecidos meus, que ademáis do sinistro tamén tiveron que soportar o traslado ó Hospital de A Coruña sen que os ocupantes da ambulancia (non medicalizada) poidan asistir dignamente o ferido, sen palas para reanimalo, ou transfusión, ou un médico, sen esperanza posible, mortos vivos de camiño a morgue da planta baixa, destiño tradicional nestes casos. Esta inmensa traxedia con puntos negros marcados na nosa memoria colectiva dun Pobo que morre en silencio, sen facer moito ruido.

Accidentes 2016-2015

 

Perda poboacional

Nesta última década fomos testemuños do desmantelamento premeditado da nosa flota pesqueira, principal motor da economía das nosas vilas mariñeiras, mentres esganan a gandeiría que hoxe vende a trinta céntimos o litro de leite por non pechar as derradeiras granxas da nosa costa verdescente, antigamente gandeira e campesiña. Coa nosa mocidade nas cidades e en paises estranxeiros convertéronnos na meirande Palestina do planeta e, hoxe, Galiza enteira esta xa espallada por todo o globo terráqueo, sen intención de voltar, de momento, a este xeriatrico xigante, eso si, sen ambulancia medicalizada.
  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios