Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Mostra de Teatro de Cee baixa a persiana aos seus 25 anos

A Mostra de Teatro de Cee baixa a persiana aos seus 25 anos
Artur Trillo e Toño Casais presentando, con tristura a que, con toda probabilidade será a última Mostra de Teatro de Cee

Día triste o de hoxe. I é que coñecemos que será esta do 2012, coincidindo coa súa 25ª edición, a última Mostra de Teatro de Cee. Así o aseguraba o director da organizadora Talía Teatro durante a rolda de prensa desta mañá. Artur Trillo amósabase nervioso, inquieto e emocionado para dar conta da batería de razóns que fan que o equipo costeiro prantexe o peche da Mostra.
O cartel, feito por Dani Trillo, cunha simbólica persiana baixada e un FIN directo, deixa ás claras que este ano vai en serio.

Artur foi "realista", e foi claro e crítico, moi crítico, con todas as administracións públicas e deu unha serie de razóns máis que razonables para xustificar o remate dun dos eventos culturais máis importantes da Costa da Morte. Mal xeito de celebrar as bodas de prata...

Para a semana faremos un repaso polo programa cultural dos 4 días de Mostra, que se celebrará do xoves 23 ao domingo 26 de agosto con 5 funcións diarias. Pero hoxe, antes de nada, queremos coñecer que hai detrás desta decisión, i é que un evento realizado dende o 1988 non morre tódolos días.


As razóns da morte

"Preferimos que morra a que apareza morto no medio do monte". Con esta clara alusión, Trillo deixou claro que se trata dunha decisión moi barallada por todo o equipo de Talía, e que preferiron traer a derradeira antes de ter que informar que este ano non se podía levar a cabo.

"Non é o cansanzo dun equipo humano que levamos posto demasiado esforzo e ata cartos (aínda que algunha xente siga pensando que gañamos algo con todo isto...)
Non é que a AGADIC cambiase as condicións da subvención para festivais teatrais e obrigue a ser un festival de máis de 50.000€. Non é que para obter unha subvención de 8.000€, e pagados con un ano de retraso tendo que adiantar do noso peto os cartos, teñamos que xustificar 18.000€ de gastos.
Non é porque as administracións se están cargando e facéndose coa programación cultural. Aínda lembro os anos nos que había 4 mostras, feitas por 4 asociacións, polo pobo, cada verán en Cee.
Non é que a prometida Casa da Cultura sexa só iso, a eterna promesa dende hai 12 anos que obriga a desenvolver a Mostra nunha infraestructura inaxeitada.
Non é que o anterior alcalde nos mentira o ano pasado, e por segunda vez. O señor Vigo nos prometera 30.000 € no 2002 e non vimos un peso, e o ano pasado nos prometeu 3.000€ e logo esqueceuse.
Non é que non haia transparencia e claridade nos apoios, e se ben non queremos demasiada pasta, queremos que a que nos prometan que nola dean.
Non é que non haia Planificacióin Cultural neste país, tanto da AGADIC, da Deputación coma do Concello, onde segue resolvendo improvisando. Teñen que preguntar que queremos facer. Queremos unha cidade da Cultura e deixar sen cultura ás cidades?"... O propio ex Conselleiro Roberto Varela dixo unha vez que había demasiados festivais de teatro en Galicia... Será que temos que reprantexar se é bo un festival nunha vila como Cee,
, apuraba en tono irónico.

"Ningunha destas razóns é a razón principal, pero todas xuntas crean un sentimento de falta de ilusión, de desemperanza en todo o equipo organizador que nos impide continuar".

Escasos apoios e moitos agradecementos

Tras estas duras palabras Trillo tivo a ben recoñecer os escasos apoios cos que conta a Mostra a día de hoxe. Trillo quixo agradecer a colaboración de todo o público que cada ano enchen e enchen o salón de actos do Concello e as rúas de Cee, e á toda a xente que leva participando na organización, dende José Cañizo pasando por Miro Villar, toda a xente da Asociación Domingo Antonio Andrade, o xérmolo de todo onde xa estaban o propio Trillo e un Toño Casais, hoxe novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, con tan só 11 aniños, ata todo o equipo que hoxe fai posible a Mostra.

Tamén quixo resaltou a boa disposición do novo grupo de goberno, que mesmo solventou unha débeda que tiña contraída o anterior alcalde, e o apoio empresarial. De feito, dos 10.000€ de orzamento deste ano, 5.000 son do Concello e os outros son de Ferroatlántica, algo que valoran fortemente dende Talía. Trillo quixo agradecer tamén a colaboración do Grupo Insua que tamén leva varios anos colaborando coa mesma.

Así, a propia alcaldesa Zaira Trillo e o director de Ferroatlántica Carlos Oliete quixeron deixar un pequeno oco aberto nesa persiana, e se comprometeron a que se o ano que vén, ou dentro de varios anos, volven a retomar a Mostra, estes van apoiala.

O vindeiro luns repasaremos o programa, que ten coma punto forte a estrea de Carranacacha, e sobre todo, o peche, que será a gran despedida da Mostra, da man dos propios Talía e os seus Pelos na lingua.

Pois iso, quedamos tristes dende logo, e á espera dunha milagre.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios