Venres. 19.04.2024
El tiempo

A muradá Bárbara Bouzas presenta na casa a súa primeira novela… dunha triloxía

A muradá Bárbara Bouzas presenta na casa a súa primeira novela… dunha triloxía
Este sábado, día 19, as 18:00 h, no local de Sel, en Muros, terá lugar unha nova presentación literaria. A veciña da vila Bárbara Bouzas presenta, arroupada polos seus veciños, a súa novela ''Lágrimas de hielo'', primera parte da triloxía ''Lágrimas''. Unha novela New Adult cargada de acción e romance. Facémoslle un par de preguntiñas á autora para coñecela mellor:  
  • QPC: Canto tempo levas escribindo?
A verdade é que levo moi pouco tempo escribindo, esta é a miña primeira novela. Sempre fun moi fantasiosa, encántame ler e inventar historias. Xa de pequena me gustaba escribir contos, pero non foi ata fai menos de dous anos que me decidín poñerme a escribir. ’’Lágrimas de hielo’’ cobraba vida na miña mente, non puiden deixar de plasmar a historia sobre o papel. O rematar de escribila decidín enviala a algunha editorial. Non acabaría de cobrar vida se a deixaba gardada nunha carpeta do ordenador. Envieina ao concurso de ‘’Novela romántica juvenil y New Adult LxL Editorial’’. Pese a que non fun a gañadora LxL Editorial contactou conmigo, estaban interesados en publicala. Polo tanto, así foi. A novela saíu á venta antes de Nadal.
  • QPC: Como se formula unha triloxía? É algo xa pensado de antemán ou vai saíndo polo camiño a necesidade de extenderse ata o trío de novelas?
Ao principio ‘’Lágrimas de hielo’’ ía ser unha novela autoconclusa, pero a historia non podía acabar así, jajaj. A historia tiña dúas claras partes diferenciadas polo que aproveitei para cortala no momento perfecto para enganchar. Ademais de que sería unha novela moi extensa, é ben é certo de que non é o mismo comprar e ler unha novela de seiscentas páximas que de trescentas. Que aínda así non é tan curta, cerca está das catrocentas. Así foi como acabou sendo unha triloxía.
  • QPC: Onde se desenvolveme a acción de "Lágrimas de hielo" e quen son os principais protagonistas?
‘’Lágrimas de hielo’’ desenvólvese principalmente en San Petersburgo, Rusia. Trata dunha moza, Dabria, que vive en Madrid e axente do CNI. Mándana destinada a San Petersburgo para inflitrarse na mafia, chamada as Tres K. Farase pasar por unha simple estudante co único obxectivo de enamorar o herdeiro das Tres K, Mikhail Korsakov. De esa maneira obter probas e información para encerralos sería máis doado. Eso todo sería moi sinxelo se ela non se puidese enamorar tamén de él, de Miki. Os principais protagonistas son ela, Dabria, quen se fará pasar por Babette Lévesque; e Mikhail, que é o futuro herdeiro das Tres K.
  • QPC: Onde se pode mercar?
Pódese mercar tanto en formato dixital como físico. En formato dixital está a venta en máis de 150 plataformas dixitais (Amazon, Kobo...); en papel pódese mercar nunha librería (non o terán alí, polo que o habería que encargar e nada máis); tamén se pode pedir a través da web da editorial Lxl, teñen un apartado de tenda online donde chegaría en poucos días. Na presentación tamén haberá libros para mercar.   

Sipnosis de "Lágrimas de hielo"

A vida da nova axente do CNI dará un xiro de cento oitenta grados cando lle comuniquen a súa próxima misión. Dabria deberá viaxar a San Petersburgo, converténdose en Babette, unha moza universitaria, co único propósito de namorar ao herdeiro das Tres K. O que debería ser a misión máis importante ata o momento, convértese no tormento diario da pequena mulata. O seu carácter forte e racional, xunto co seu pragmática mente corren perigo. Mikhail Korsakov é todo o que Dabria non espera e todo o que añora. Demostraralle que ser un mozo egoísta, arrogante e frío non é contrario de cariñoso, divertido e leal. Iso sen contar que é perjudicialmente sexy. Só hai algo que podería arruinalo todo: un engano, unha mentira, unha traizón, que poden dar lugar a dous corazóns devastados. Acabará Dabria sendo presa do seu propio engano? Derribará Miki o enorme muro de xeo que os separa ou, pola contra, será ela quen deixe que o derrita?  

Novas literarias

Comentarios