Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A música e a filosofía fundíronse coa paisaxe da Costa da Morte

A música e a filosofía fundíronse coa paisaxe da Costa da Morte

"A última fin de semana quizais foi a cifra de tódolos encontros, onde confluíu a música, o pensamento e os afectos que se foron xerando entre os case 40 participantes dos encontros". Así define un dos organizadores, Javier Turnes, as últimas sesións dos III Encontros de Filosofía e Música "Pensar a Voces", que fixeron da Costa da Morte o epicentro cultural de todo o país durante o mes de setembro. Un mes de charlas, concertos, reflexións, performances, debates, obradoiros... para preguntarse iso mesmo, "o porque da música".

Ademais, esta fin de semana foi "a máis chea de filosofía e de corpo", cando a música fundiuse co patrimonio natural da Costa da Morte. A bahía de Arnela, en Fisterra, servíu de escenario para o "xuízo, condea e execución de instrumentos musicais (morte por agua)"
O xogo-concerto-performance, a Buphonia, consistiu nun intenso e divertido "exercicio de redención desas cousas tan boas e tan malas coma son os instrumentos. Ao carón do mar, mentres soaban as verbas de Horacio e Lucrecio, e os disparatados sons dos instrumentos de xoguete que facía soar unha variación improvisada da ROFCOM", a orquestra creada a partir destes Encontros e que xa ten publicado o seu primeiro cedé.

Despois do paseo e do baño, unha magnífica sesión de musicoterapia dirixida pola reputada musicoterapeuta, Presidenta da asociación española de musicoterapia, Monsterrat Merino, que se realizou no Colexio de Sardiñeiro.

Valorando, creando e disfrutando

Foi unha fin de semana de capitulacións, de valoracións do curso, e de constatación que que aínda queda moito que preguntar acerca da música. Por iso, se decidiu a creación dun Laboratorio Permanente de Investigacións sobre a música, laboratorio polo que xa mostraron interese tanto a Fundación Paideia como a Cidade da Cultura.

Asimesmo, os materiais dos encontros, que se editarán nun libro disco, tamén propiciaron a encarga de dous libros máis, por parte de dúas editoras aos directores do curso, así como diversos artigos de divulgación en varias revistas do resto do estado.

Trala cea, momentos onde os participantes conseguían atoparse cada vez más preto, tocaba sesión lúdica coa discoteca transferible de Anxo Rabuñal no Canto da Area, en Sardiñeiro.

E reflexionando

O sábado, foi día de reflexións filosóficas, a cargo dos directores dos encontros, Pablo Seoane e Javier Turnes e de Carlos Areán. Máis de 40 peroas ateigaron o agradable salón da Terraza do Hórreo para despedir estes vandardistas encontros na diáspora. A mesa redonda final, que xirou "sobre a música e o sagrado", achegounos "ó que de música hai no que hai, ó que a música nos di do tempo", e permitiu que se xerase un animado debate exprensando a aprendizaxe que lle arrincaron aos encontros.
Alejandro Vargas e Pablo Seoane puxeron a nota musical demostrando o nivel realmente espectacular dos participantes e poñentes. E pola noite, a Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte soou mellor ca nunca e a jam prolongouse ata as dúas da mañá.

Conclusión

O propio Turnes, mestre de fisolofía do IES Fernando Blanco e un dos organizadores, salienta "os vínculos que xorden deste primeiro encontro sobre música, onde unha chea de cuestións foron prantexadas, e que nos darán traballo e alegrías e música e pensamento e amizade durante todo o tempo que podamos".

Unha cousa queda no apartado do debe, "lograr dunha vez que os de aquí valoren o que aquí ocorre coa mesma intensidade que os que veñen de fóra a valoralo. Pero é sabido que todo o importante leva tempo. Un tempo que esperamos sexa cada vez máis musical e menos veloz e interesado e económico. Xa sabemos que iso só disminúe o noso poder e non estamos dispostos". Agardaremos ao curso que vén para ver se a veciñanza da Costa da Morte pode dar ese salto que hai entre a orquestra Manolito e a ROFCOM.

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os III Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"

Outras novas

Fonte

Comentarios