Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas

A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas
Espectacular coma sempre a Festa da Carballeira de Zas 2012 Non hai quen pare esta XXIX Festa da Carballeira de Zas. A festa folk por excelencia superou un día que facia presaxiar o peor. Ao longo de todo o día, dende a Coruña ata Fisterra a chuvia amenazante facía que moitos siareiros se pensasen o de enlamarse a golpe de folk. Pero a partir das 20:00h da tarde o ceo abriuse, deixou ver o seu azul para ir recibindo a todos os incondicionais desta festa. I é que por algo ten 29 anos. Porque hai fieis que xa pode caer o ceo enriba para non acodir. A xente tardou en ir chegando á impresionante paraxe da Carballeira de Velar, que cada ano ve crecer máis e máis pequenos carballos. Se ben cando Maghua sacaron as pandeiretas aínda a entrada era mediada, xa para o comezo de Os Cempés a festa acollía unha cifra de asistentes ben alta. Se cadra non tanta coma outros anos, pero preto das 5.000 persoas xa as había. Numeroso público ateigou a fermosa Carballeira de Velar na Festa da Carballeira de Zas 2012 E soaron os Cempés e o fixeron con forza. Como aseguraba Lupe Nieto, esta banda sabe adaptarse, e para vir á Carballeira hai que facelo con forza e viveza. Manolo co bombo fixo bailar e cantar a toda a Carballeira o "Sara, Sariña" e o público agredeceuno converténdoo nun verdadeiro himno. Ademais, puideron disfrutar dunha colaboración especial, como foi a da brava bergantiñá Antía Ameixeiras.

De viaxe por Euskadi e Portugal

E xa nolo contaba tamén Lupe, que os grupos vascos e portugueses teñen un feeling especial ca xente da Carballeira. E este ano cumplíronse os pronósticos. Da Quadrilha xa non cómpre sinalar nada, pois é unha das bandas míticas da Carballeira e cada vez que veñen a lían. Esta xa era a 4ª vez e os seus temas xa son lendas por aquí. A súa troula, tradición e paixón fixeron bailar e chorar por igual. Dos que cómpre vacer mención son dos vascos Xarnegue, que sorprederon a todos coa súa proposta divertida e festexeira. Estes, coma Korrontxi o ano pasado, gañáronse repetir!. E se de festa se trata, esta non parou ata case as 7:00h da mañá. E os culpables foron uns galegos tremendamente marchosos. Os Ulträqäns sacaron o seu speedfolki á escena para facer que todo o que quedara na Carballeira (moita moita xente, que zona de acampada a pesar do tempo estaba ateigada) non parase de bailar ao son dos violíns. Quedan pois 363 días para o 30º aniversario da Festa da Carballeira de Zas, e de seguro que a organización xa está a elo!! Parabéns e Eiiiiii Carballeiraaaaaa!!!

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios