Imprimir

A muxiá Viki Rivadulla expón a súa arte comprometida na rede

Deindo | 04 de febreiro de 2012

Non podemos deixar de traer a aposta virtual da artista Viki Rivadulla. A muxiá vén de presenta a súa web www.vikirivadulla.com. Nela podedes desfrutar das súas obras en diferentes especialidades artísticas, como pintura, artesanía e bonequería.

E como demostran as súas obras, Viki utiliza as súas obras para recuperare reivindicar o patrimonio etnográfico e cultural da Costa da Morte. Non perdades as súas bruxas palilleiras, ou a súas esculturas de congro, que dan conta do seu compromiso ca terra.

Ademais de traballar no Concello de Muxía facendo do Departamento de Cultura un exemplo para toda a bisbarra (a Galería Mulleres dá conta do seu gran traballo), Viki é unha das fundadoras da Fundación López Abente, que vén de celebrar a declaración por parte da Xunta de "fundación de interese galego".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/a-muxia-viki-rivadulla-expon-a-sua-arte-comprometida-na-rede/20120204073045069727.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia