Venres. 29.03.2024
El tiempo

A necesidade de ordenar (e dixitalizar) os arquivos municipais

A necesidade de ordenar (e dixitalizar) os arquivos municipais
Faiado municipal antes e despois da arquivacion Faiado municipal antes e despois da ordenación dos arquivosAsi de ordenado queda o Arquivo municipal de Vimianzo Así de ordenado queda o Arquivo municipal de Vimianzo

Que necesidade teñen os Concellos de todo o país de ordenar os seus arquivos municipais. Eses milleiros de papeis espallados polo faiado, que fan imposibles de atopar expedientes de hai 30 ou de hai 3 anos. I é que os Concellos teñen pouco espazo para gardar os seus papeis, que aínda se seguen e seguen almacenando na era dixital, e non son sacos sen fondo.

Xa non imos falar da dixitalización, unha quimera á que nin sequera aspiran os pequenos concellos da comarca, pola cantidade de medios que se necesitan. Pero só a ordenación dos expedientes por carpetas, e a súa inclusión nunha base de datos dixital (co programa Xaral), fai que aos técnicos lles vaia ser moito máis doado atopar o expediente buscado.

Así o recoñece o Secretario do Concello de Dumbría, Constantino Cobas Cotelo, que coordina durante estes meses o proceso de arquivación que a empresa Unayta está realizando no seu arquivo a raíz dunha subvención de 6000€ da Xunta. Unha necesidade fundamental, pois o Concello tivo mesmo que trasladar do faiado á pranta baixa todo o arquivo por problemas de peso.

Despois de case 3 meses de traballo, un par de arquiveiros licendiados fixeron a catalogación de máis de 300 caixas no Concello de Dumbría. Un paso importante porque agora só quedarían por catalogar do 2008 para adiante. “Nós xa tiñamos moito feito”, explica Cobas, “pero foi un paso moi importante. Se caese outra subvención, xa nos poñemos ao día”, explica. “Ca dixitalización nin soñamos… eso vai para longo, son palabras maiores”, lamenta.

A empresa tamén está traballando nos arquivos de Muros e Vimianzo a través da subvención, ao tempo que ofrece por outros concellos da comarca os seus servizos. “É un traballo importante ordenar todo o tocho de carpetas que temos no arquivo”, apunta Marta Rey, concelleira vimiancesa. Xa levan moito traballo avanzando e hai seccións, como Servizos Sociais, que xa teñen catalogado ata 2015. “A verdade é que é un bo choio, para os Concellos é moito máis sinxelo atopar os expedientes, coa base de datos”, explica a arquiveira que organiza durante estes meses os seus fondos documentais de Vimianzo.

A Rede Unayta

A Xunta recoñece a intención de avanzar en proxectos de organización documental e tamén de dixitalización, e valora que a consultora tecnolóxica Unayta está a espallar a súa metodoloxía de Oficina Sen Papel (OSP) por moitos concellos e entidades de toda Galicia. É por iso que a compañía galega está recadar a colaboración das persoas que integran esta rede para compartir na súa web (www.unayta.es/blog) algunhas historias locais que poden ilustrar o interese común polo servizo que os arquivos ofrecen á cidadanía.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-dumbria-recibe-6-000e-para-ordear-o-seu-arquivo/

Comentarios