Venres. 29.03.2024
El tiempo

A nova Ponte de Xabarido estará rematada a finais de 2019

A nova Ponte de Xabarido estará rematada a finais de 2019
Presentacion da Ponte de Xabarido Presentacion da Ponte de Xabarido

Dende marzo de 2015 levan varias entidades solicitando o urxente arranxo dunha perigosa fenda na ponte de Xabarido. Pero os tempos das administración son os que son, e despois de licitar as obras o pasado mes de agosto, onte a Deputación presentaba oficialmente o proxecto de construción da nova ponte, mentres que as obras non comezarán ata o inicio de 2019.

As obras, xa adxudicadas, eliminarán un punto negro da rede viaria cun investimento de 558.688 euros e teñen un prazo de execución de 11 meses, e supoñen un investimento de case 560.000€.

A ponte que une Ponteceso e Cabana de Bergantiños a través da estrada provincial DP 1405, contará cunha plataforma de 10 metros e beirarrúas. Trátase dunha obra “técnicamente difícil”, que necesitará a demolición da actual ponte.
Durante a execución das obras será necesario o desvío do tráfico polo entramado de estradas existentes na zona, para o que se habilitará a correspondente sinalización unha vez que dean comezo as obras.

Visita a unha granxa

O presidente da Deputación Valentín González Formoso e o alcalde pontecesán Lois Carballido visitaron tamén a granxa “A Devesa de Langueirón”, que produce máis de 5 millóns de litros de leite anuais e que González Formoso definiu como “un exemplo de aposta pola innovación e a eficiencia” no sector primario. Conta, Incluindo as novillas que crían, cun total de 800 cabezas de gando, cunha extensión de 200 hectáreas, parte delas dedicadas a terras de cultivo, e da traballo a 13 persoas.

ormoso destacou tamén “o espírito emprendedor e perfeccionista” de Xusto Sánchez, a quen agradeceu a acollida na visita á explotación.

Novas relacionadas

Comentarios