Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Operación Orquesta por Concellos (IV): Cee

A Operación Orquesta por Concellos (IV): Cee
Ramon-Vigo-e-Candino-son-dous-dos-imputados-no-Concello-de-Cee-na-Operacion-Orquesta

Despois de analizar a trama da Operación Orquestra no que atinxe aos Concellos de Mazaricos, Fisterra e Corcubión e Muxía, centrámonos hoxe, unha vez que xa pasa un mes e pico da publicación do auto final do ex maxistrado de Corcubión, no Concello máis implicado, tanto en número de imputados como de indicendia mediática.

Varias foron as actividades investigadas arredor do Concello de Cee, centradas, en boa parte dos casos, na vulneración "dolosa y no negligente" da Lei de Contratación Pública. Isto é, licitación de obras públicas a dedo a cambio de cartos para as festas municipais, e mesmo de comisión ilegais, como acusa o auto ao ex alcalde Ramón Vigo. Un Vigo co que mantiñamos unha longa conversa sobre a trama da que considera que “o sumario da Operación Orquesta é infumable”.

De caras verbenas

O auto incide en que foi o ex alcalde o que lle pedía por teléfono aló por novembro de 2009, que lle confeccionase facturas por importe de 42.000€, e 10.500€, para xustificar un total de 121.000€, incindindo primeiramente en Delito de Falasificación Documental. Unhas facturas que se referían ás festas da Xunqueira 2009, para xustificar os pagos, supostamente feitos en B, a Mago de Oz e Golden Appel Quartet.

Quitando multas

Coincidiu que nas escoitas telefónicas interviron unha conversa na que o ex alcalde chama a un tal Patiño solicitando a eliminación dunha multa de tráfico, ou máis ben colocando a un amigo portugués como autor do delito co seu Touareg, incidindo de igual xeito en suposto Delito de Falsificación de Documentos.

Ademais, as escoitas tamén atoparon a un Vigo quitando unha multa a un amigo seu, un tal "Miculita", ao que lle "safou 700€ e 10 puntos" en dúas multas eliminadas a través da Policía Local.

De obras públicas

Os supostos delitos de Tráfico de influencias están directamente relacionados coa Casa da Cultura e a empresa Construcións Ogando. Frases nas escoitas como "xa teño tocado ao técnico" ou "aquí mando eu" foron as que convidaron a seguir investigando. E chama a atención que mesmo algunha das obras adxudicadas a Ogando relativas á Casa da Cultura foi coa proposta da empresa muxiá presentada fóra de prazo, e apesar dos negativos informes de secretaría.
Noutras obras a concurso a empresa volvía presentar a súa proposta e a de outras dúas empresas da zona, pero máis caras. E nalgunha outra a Interventora denunciara que non era posible facer o fraccionamento do contrato como se realizaba para non necesitar concurso público, se ben o arquitecto da Casa da Cultura asegurábanos que nunca particiou en ningunha mesa de contratación e que nunca tivo nada que ver con estas prácticas.

De comisións

E xa meténdonos en asuntos complexos, o auto denuncia que puido haber un posible delito de Prevaricación e suborno. O auto recolle un par de conversas nas que parece claro que Ogando tivo que pagar comisións para que lle fóran adxudicadas as obras de instalacións de herba artificial no Campo de fútbol. "No campo de fútbol doulle 30.000, máis 10.000 de escenario máis 12.000 a Candiño", en relación ao concelleiro de obras, Juan Bautista Áreas Lestón, que parece ser o destino de tal comisión ilegal.

Igualmente, o auto recolle o suposto pago de 29.000€ do empresario Jorge López Lago ao ex alcalde Ramón Vigo, unha cantidade que de feito se reflexou na fianza de igual importe que tivo que pagar para non entrar no cárcere.

Falan nas escoitas os imputados da necesidade de desfacerse do moito diñeiro en B que entra nun concello, e de aí o interese de facer os pagos "en negro", a artistas como George Dann ou Manolo Tena (que menudo espectáculo deu...) sempre a través do representante Jorge López Lago. Nestes casos, e noutros nos que non se especifican as taxas nin as recadacións concretas das festas, nin para que ían destinados eses cartos ingresados en metálico, poden supoñer segundo o xuíz nun spoible delito de malversación de caudais públicos. E é nunha destas entregas de cheques no marco dunhas festas de 150.000€ nas que aparece a Xefa de Gabinete como suposta encagardada de entregalos.

Imputados no Concello de Cee

  • Ramón Vigo, ex alcalde e actual concelleiro da oposición por IxCee, por presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno, ademais de malversación de fondos públicos e tamén por suposta falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís.
  • Pilar Iglesias, ex Xefa de Gabinete, por presunto delito contra a Administración Pública, na modalidade de malversación de fondos públicos .
  • Juan Bautista Areas Lestón, Candiño, concelleiro de Obras, por presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno.
  • Rocío Hermida, Secretaria do Concello, por presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno.
  • María Concepción Outes Trillo, funcionaria administrativa, por presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno.
  • José Carlos Leis Caruncho, arquitecto da Casa da Cultura, por presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno, e mais por supostas negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos.
  • Gonzalo Castelo Montero, Policía Local de Cee, por presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno.

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

Comentarios