Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A parroquia de Gándara, polo miúdo na rede

A parroquia de Gándara, polo miúdo na rede
Fervenza_do_Rabinoso_Imaxe_Evaristo_Dominguez copia Fervenza do Rabiñoso está na parroquia de Gándara-Foto-Evaristo Domínguez

O apartado de “Zas polo miúdo”, un dos máis visitados dentro da web municipal do Concello de Zas, segue aportando contidos á rede costeira. Unha iniciativa para coñecer Zas, parroquia a parroquia, elaborada polos historiadores Evaristo Domínguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez.
Agora, a web xa ten información de interese, tanto a nivel natural como cultural, así como os principais datos demográficos e históricos, de 12 das 16 parroquias que compoñen o municipio.

Gándara é, pola súa extensión, a terceira parroquia máis grande do municipio. Sitúase ao noroeste do Concello lindando con núcleos de tres municipios distintos: Cabana de Bergantiños (Nantón); Coristanco (Cuns) e Santa Comba (Santa Sabiña). Gándara tamén linda coas parroquias de Carreira e San Cremenzo, as dúas de Zas. Budián, Gándara, Parga, Quintáns, O Sisto, Sobreira, Vilar Ramiro e Vilaestévez son os lugares que compoñen a parroquia de Gándara e que entre todos sumaban a 1 de xaneiro de 2017 máis de 360 veciños e veciñas, sendo O Sisto o núcleo de máis poboación.

A parroquia de Gándara destaca pola súa riqueza ambiental con dous enclaves de referencia: a zona do Rabiñoso - cunha fervenza e varios muíños -e os montes do Pico de Meda que comparte coa veciña parroquia de Carreira. Tamén destaco pola súa riqueza arqueolóxica compostal principalmente por unhas 14 mámoas, dous castros (o de Vilaestévez e o do Bico da Cruz ou das Cortellas),tres puntos nos que se atoparon restos romanos así como os alicerces do que probablemente foron unhas torres medievais.

Pico de Meda de Zas-Foot-XM Lema Suárez Pico de Meda de Zas-Foot-XM Lema Suárez

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios