Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas

A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas
marcha-a-pe-por-ferroatlantica Marcha a pé entre a fábrica de Brens e as centrais do Ézaro polos postos de traballo de Ferroatlántica Medio millar de persoas demostraron o apoio social que teñen os traballadores de Ferroatlántica participando na marcha a pé convocada polo Comité de Empresa. Unha marcha que simbolizou a vinculación entre as fábricas de ferroaleacións de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas do Xallas, demostrando a oposición social á segregación de actividades que podería provocar un paulatino peche das fábricas. [fbvideo link="https://www.facebook.com/xallasnoso/videos/1660163850676193/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Desta volta, unha vez que contan co apoio da Xunta conseguido tras un comprometido encerro, o foco estaba posto na empresa do Grupo Villar Mir, para esixirlle que desista da venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande, as verdadeiras xoias da coroa. O Comité quedou satisfeito coa resposta da veciñanza emais o devir da manifestación, que non tivo problema ningún. De feito, a resposta foi semellante á que se vivira en 2012 pola protección do Monte Pindo como Parque Narural. A manifestación saía das portas da fábrica de Brens arredor das 10:00h da mañá. Con chalecos reflectantes, os veciños comprometidos percorrían os 9km que separan a fábrica da central do Ézaro, a pé da cascada, onte houbo unha concentración arredor das 13:00h. A pancarta dicía un claro “O río é noso non de Villar Mir. Ás centrais non sen venden”, ou "As centrais non se venden". Acodiron á marcha represantes do PSOE como a deputada laxense Loli Toja ou o parlamentario do BNG Xosé Luís Rivas “Mini”, ademais de numerosos alcaldes e representantes políticos da zona, que xa teñen demostrado o seu compromiso. As crónicas tiñas pensadas unha foto principal dunha enorme pancarta na mesma cascada, pero o escalador tivo un problema e lle caeu a mochila ao río. Ao longo da fin de semana poderana colgar para deixar ben visibles as reivindicacións dos traballadores da empresa e de toda unha comarca. Foto-Juan Louro Foto-Juan Louro Foto-Juan Louro Foto-Juan Louro Pola tarde a pancarta lucía na fervenza do Ézaro: Foto-Juan Louro Pola tarde a pancarta lucía na fervenza do Ézaro: Foto-Juan Louro Máis mobilizacións O comité anuncia que continuarán as mobilizacións, con concentracións todos os venres ás 18,30 horas ante as instalacións de Brens, coa intención de esixir á empresa que desista da súa intención de vender as fábricas.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios