Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Pipa: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas

A Pipa: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas
Imaxe do primeiro choque da 3ª entre o Cabana e o novo Muros-Foto-Manuel Caamaño Imaxe do primeiro choque da 3ª entre o Cabana e o novo Muros-Foto-Manuel Caamaño Arrincou a Liga da Costa, con menos equipos que en anteriores tempadas, trala restructuración da mesma e con resultados tremendamente axustados en todos e cada un dos encontros disputados. Falar de favoritos, nun inicio de tempada, é un tema que demostra o pouco que realmente sabemos de fútbol. Os que pensamos que poden ser favoritos, non o son tanto, e os que creemos que van estar loitando pola permanencia, son os que se levan o gato ao auga. Nestas competicións os pronósticos saltan feitos añicos, polo menos nas primeiras xornadas, onde a igualdade é maior e os equipos aínda están poñendo os motores a punto. Por todo iso, a min non me gusta falar de favoritos ao título, ascenso, permanencia ou descenso. Os equipos, paso a paso, irán colocándose onde o seu facer os coloque, e máis dunha sorpresa deuse nas tempadas, e si non repasemos a pasada campaña o que se falaba ao final da primeira volta e o que sucedeu ao final... E entrando en materia, o primeiro gol da tempada chegaría en Coristanco cando o encontro agonizaba, sendo o seu autor Manu Nogueira, outorgándolle os tres puntos en xogo a un Muxía que retornaba á Liga da Costa, en 2ª Autonómica, pois a 3ª tamén é Liga da Costa, tras un encontro moi disputado e onde calquera dos dous conxuntos puido facerse co triunfo. Bo comezo de competición dun Camariñas que quere estar na zona tranquila e reverdecer antigas tempadas, superando a un Monte Louro que, pese ao 3-1 final vendeu moi cara a súa derrota, pois o gol da sentenza chegaría no último minuto. Un Montelouro onde non puido estar á fronte o seu adestrador, Oscar Leis, ao que envío un cariñosos apoio nestes momentos complicados que está pasando. Excelente partido en Esteiro, onde o once local sufriu moito para igualar o tanto na primeira metade de Iván Mato, que colocaba o 0-1 para os pupilos de Raúl Periscal. Na segunda metade, os locais foron capaces de alcanzar o empate e case voltea o marcador nun lanzamento á cruceta cando o choque chegaba á súa conclusión. Moi boa a imaxe dos dous equipos. En Malpica, o novo Cee venceu con xustiza a un once local en pleno proceso de reconstrución. Os xogadores dirixidos por Pato souberon nadar e gardar a roupa e cun tanto en cada tempo sumaron os tres puntos en disputa pese aos intentos locais por recortar distancias. Buño e Corme asinaron o empate sen goles en Xaviña tras noventa minutos moi intensos e con ocasións de gol para ambos conxuntos, pero sen conseguir o obxectivo de bater a meta contraria. Mellor a primeira metade que a segunda, na que os dous equipos parecían asinar o 0-0, e con dous expulsados un por bando. Tamén regresa forte o Lira, que derrotou por 2-0 a un Outes recentemente descendido de 1ª Autonómica, mostrando as súas credenciales de que vai ser un conxunto complicado de superar para os seus rivais. Os dous equipos mostráronse en rodaje, levando a iniciativa ao principio o Outes, cun Lira esperando a súa oportunidade, que chegaría e aproveitouna, con dous goles no tramo final da contenda. Outro gran partido presenciouse en Vimianzo, onde un renovado Baíñas e un sempre potente Ponteceso repartíronse os puntos en xogo tras unha dura loita, adiantándose no marcador o once visitante na primeira metade e asinando as táboas o conxunto de Paco Oreiro a falta de quince minutos. Antes do empate, o Ponteceso puido sentenciar cun lanzamento ao pau de Recarey. Para rematar, Mazaricos e Sporting Zas brindaron un choque de ti a ti, con cinco goles e triunfo final dos locais a falta de oito minutos. O mal inicio de partido do Sporting, cun 2-0 aos nove minutos, foi unha losa importante para os visitantes e unha cómoda vantaxe para os locais, pero a reacción zaseira poñería o 2-2 a falta de 40 minutos. Ao final, un erro propiciaría o triunfo final local, pero con boas sensacións en ambos onces. Apaixonante a segunda xornada, formada polos seguintes partidos : Muxía-Mazaricos; Montelouro-Coristanco; Cerqueda-Camariñas; Cee-Esteirana; Corme-Malpica; Outes-Buño; Ponteceso-Lira e Sporting Zas-Baiñas. Para todos os gustos e onde elixir teñen os afeccionados da Costa.

3ª Galega

A 3ª arrincou o sábado co duelo entre un Cabana que quere aspirar á todo, recibindo a un Muros que retorna á competición tras un ano sabático, e sumando un dos puntos en disputa tras empatar a dous goles nun choque moi entretido e traballado por ambos onces. Na xornada do domingo sobresaíron as goleadas endosadas polos recentemente descendidos Laxe e Porteño, ante o jovencísimo conxunto do Outes B e o renovado Castrelo. Os vencedores mostraron o seu potencial e que queren estar desde o principio nesa loita polos seis postos que dan opción ao ascenso e promoción, mentres que os vencidos ten moito marxe de mellora, pois por diante restan moitas xornadas para demostrar que poden alcanzar resultados moito máis positivos. O resto de encontros mostraron unha absoluta igualdade, sobresaíndo o triunfo do Volantes ante o descendido Castriz, demostrando que a competición non vai ser un camiño de rosas para ningún conxunto. O Ameixenda, da man do sabio Manolín, quere puxar alto esta campaña, e comezou superando a un Camelle que vendeu cara a súa derrota. Pese ao 2-0 final, non o tivo nunca fácil o Nantón na visita do Sporting Seaia, pero ao final os locais faríanse cos tres puntos en xogo ante un rival chamado a estar nos postos de privilexio como en todas as temproadas. O próximo fin de semana, non pode fallar o Castriz ante o novel Outes B. Debut do Corcubión, que descansou na primeira xornada, nun dos choques esteleras, pois lle visita un Porteño que quere retornar á Segunda con prontitud, como o conxunto de Emilio Corzón. O Muros preséntase en competición liguera ante a súa afección recibindo a visita de todo un Nantón. O resto de encontros conforman a xornada co Camelle-Volantes; Castrelo-Cabana e Sporting Seaia-Ameixenda, descansando o Laxe.

Preferente e 1ª

Se as dúas competicións da Costa arrincaron nesta semana, a Preferente e Primeira levan xa varias xornadas de adianto, e a verdade é que o comezo está sendo pouco benévolo cos equipos da nosa bisbarra. En Preferente o que mellor iniciou a campaña foi o Dumbría, que baixo a batuta de Diego Lobelos sumou dous triunfos e un empate, cosechando a primeira derrota nesta xornada no difícil campo do Ordes, que endosou un claro 4-0 final, un tanto excesivo polos méritos duns e outros. Derrota do Sofán en Castro de Ribeiras de Lea, ante o conxunto lucense, que aínda non sabía o que era gañar, pero un gol no tempo de desconto supuxo a derrota dos home de Iván Cancela, que fixeron méritos máis que sobrados para traerse, cando menos, un punto de terras lucenses. Seis puntos sumán os rojillos nas catro xornadas disputadas. Ao que lle está custando arrincar é ao Xallas, que cedeu dous empates en casa e senllas derrotas lonxe dos seus afeccionados, pero é ben certo que nos dous partidos da Fontenla puideron sumar o triunfo, que seguro que chegará máis pronto que tarde. Ante o San Tirso adiantáronse no marcador e puideron sentenciar, pero ao final os de Mabegondo sacaron petróleo do tapete xalleiro. Na próxima xornada, complicado desprazamento ás Pontes para o Xallas, mentres que Sofán e Dumbría recibirán ante os seus afeccionados a Ordes, os primeiros, e Atlético Arteixo, os segundos, dous rivais con sensacións ben dispares neste inicio de campaña, pois o Ordes marcha na zona nobre mentres que os roijiblancos ocupan posición de descenso sen coñecer a vitoria. E si en Preferente non marchan excesivamente ben as cousas, en Primeira os motores parecen aínda gripados para os nosos representantes, aínda que o Soneira parece levantar o voo tralos dous primeiros encuetros, e no derbi de Fisterra sumou tres puntos importantes ante un once verde que buscou un mellor resultado pero que non o alcanzou, sumando dous empates, nos encontros disputados ante a súa afección, e unha derrota. Pola súa banda, ao Baio non lle están acompañando os resultados, perdendo ante os seus afeccionados cun Bertamirans que, sen mostrar merecimientos, sumou a vitoria no Pratas Reinoso, deixando aos blanquiazules cun punto nas tres xornadas disputadas. E como ao Baio estalle sucedendo ao San Lorenzo, que xoga ben, disputa os encontros, pero non ten a fortuna de sumar o triunfo. En Cordeiro, pese aos seus intentos e xogo, perderon ante o rocoso conxunto local por 1-0, regresando sen carga a casa. Na próxima xornada, gran partido en Vimianzo, coa visita do Sigueiro ao Soneira. Derby costero en Verdillo, onde chega un Fisterra que, como o San Lorenzo, quere buscar a primeira vitoria da tempada. Máis complicado terao o Baio, co seu desprazamento a Tordoia, ante un conxunto que vén de empatar en Sigueiro e gañar en Bertamiráns nos seus dous últimos compromisos e os dous lonxe dos seus afeccionados.
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Fonte

Comentarios