Venres. 29.03.2024
El tiempo

Petón do Lobo, Cova Crea, Contramínate e a Plataforma de Corcoesto continúa a súa loita global contra o Tratado de libre comercio e investimentos

Petón do Lobo, Cova Crea, Contramínate e a Plataforma de Corcoesto continúa a súa loita global contra o Tratado de libre comercio e investimentos
Non ao TTIP 18A: As persoas e o Planeta antes que o Capital

Parecen apagados os fumes da mina de ouro de Corcoesto, con algún que outro eco xudicial provocado polas rifas veciñais. Pero as entidades que naceron baixo o paraugas da loita pola natureza bergantiñá seguen en marcha. Atentas a calquera movemento mundial, veñen de sumarse á convocatoria internacional de mobilización do Tratado de Libre Comercio entre C.E. e USA, que en Galicia terá en Vigo o seu acto central. Alí estarán pois este sábado 18 de abril a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a entidade Contraminacción e as asociacións Petón do Lobo e Cova Crea berrando o “As persoas e o Planeta antes que o Capital!”, que será o lema.

Ademais, as Contramínate Laxe, Petón do Lobo e Cova crea realizarán un acto de concreción do contido das peticións e a súa firma terá lugar en Laxe (diante da casa do concello), o sábado 18 de Abril, ás 18:30 horas.

A campaña Non ao TTIP integrada por ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, COtontramína, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia, convocan a toda a cidadanía e organizacións a mobilizarse o vindeiro 18 de Abril. Vigo sumarase aos millóns de voces que sairán ás rúas en decenas de países de catro continentes no Día de Acción Global Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos baixo o lema “As persoas e o Planeta antes que o Capital!”.

As diferentes accións e mobilizacións son a resposta unitaria e coordinada dunha cidadanía que sente que ten problemas e solucións semellantes perante unha situación actual insostible. Os Tratados de Libre Comercio e Inversións, impulsados pola empresas transnacionais e os gobernos de costas á cidadanía, vulneran os dereitos das persoas e o medio ambiente.

En Vigo a saída efectuarase ás 20:00 dende a Farola de Urzáiz, descenderá por esta, pasará por Policarpo Sanz e rematará na Porta do Sol coa lectura dun manifesto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios