Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público

A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público

Continúa o debate aberto en Bergantiños arredor da Mina de Ouro de Corcoesto. E estes días máis que nunca, unha vez que a Plataforma en defensa de Corcoesto enviou onte, 12 de novembro, por carta certificada (e por teléfono a súa sede en Canduas (Cabana de Bergantiños) un convite á empresa Edgewater para manter neste último trimestre do ano un debate público sobre “MINA SI ou MINA NON”.

A entidade conservacionista propón a Casa da Cultura de Ponteceso para garantir a máxima asistencia das persoas interesadas. Ademais sinala que o debate podería ser mediante dúas ou tres persoas por cada entidade, con tempos iguais de intervención por cada parte, e cun moderador-a consensuado entre as partes. E por suposto, aberto aos medios de comunicación.

Dende a Plataforma consideran que debería levarse a cabo ante de que remate o ano, para o que están abertos a un consenso de datas.

Dende a Plataforma esperan que a empresa acepte debater coa Plataforma e "así lograr que a veciñanza afectada dos concellos de Cabana, Ponteceso e Coristanco teñan oportunidade de obter unha información non nesgada e interesada e poda coñecer realmente o alcance do que suporía levar adiante este proxecto, na nosa opinión tremendamente lesivo para a veciñanza e o medio ambente".

Recunchos da Costa

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios