Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Previa: lume no Conco e no Cairo, a pesar do Barsa - Madrid

A Previa: lume no Conco e no Cairo, a pesar do Barsa - Madrid
Xornada curiosa a desta fin de semana no tema horarios, condicionados por ese clásico no Camp Nou que a todos afecta. Os equipos escapan del e case ninguén xoga nos horarios habituais. Unha vez máis o fútbol profesional de costas ó fútbol modesto. Así, o encontro máis sobranceiro da xornada xogarase sábado no Conco, entre Dumbría e Fisterra, un derbi con aroma a loita polo ascenso entre dous conxuntos en franca progresión e que seguro darán mellor nivel co paso das xornadas. Tamén teremos tremendo derbi en Corme, entre os locais e o Ponteceso, cos dous equipos na zona alta e claros candidatos ó título. Partidazos¡ Pasillo do Dumbria ao campion da Copa o Fisterra En Preferente Norte tamén sábado, o Xallas recibe ó Estudiantil, tres puntos que non deben escapar de Fontenla, e o Sofán domingo ás 12.30 ó Arzúa, nun encontro moi complicado para os de Iván Cancela. Na 1ª Galicia, ademáis do derbi no Conco, coa volta dos ex do Dumbría Aarón, Mackay, Iván Bouzón ou Julito, temos encontros moi interesantes. A Esteirana viaxa á casa do líder, o Sigüeiro, a intentar buscar a sorpresa. O Baio pola súa parte recibe a un Bastavales, que a pesar de estar na zona baixa sempre é perigoso. O Soneira viaxa domingo pola mañán a Chaián a buscar tres puntos que os enganchen na zona media, despois do affaire Alex Figueiras desta semana, buscando olvidar esas situacións extradeportivas. Na Liga da Costa, ese Corme - Ponteceso revive un ano máis as rivalidades entre estes equipos, ademáis nun ano que parece que ambos loitarán por metas altas. O líder Mazaricos visita o difícil campo de Verdillo buscando seguir na liña de vitorias que leva ata agora, e o Muxía recibe ó Muros pendiente dos outros marcadores. Baíñas e Cerqueda teñen un bonito partido para engancharse á zona alta, e na zona baixa dous encontros interesantes: o Cee - Lira e o Buño - Ameixenda. Volantes e Louro reciben a Zas e Malpica buscando facerse fortes na casa e escalar postos na tabla clasificatoria. Na 3ª Galicia, aproveitando o descanso do líder, o Castriz pretende vencer ás Baleas para alcanzar o primeiro posto. Prevense encontros igualados en case todos os campos, destacando ese Outes - Porteño entre dous equipos chamados a dar moita guerra no ascenso, e un Camariñas - Laxe de urxencias do conxunto local. O sorprendente Castrelo recibe ó Cabana, e o Camelle ó Nanton, mentras que un Seaia que aínda non puntuou intentará facelo ante o Corcubión. Na liga feminina o Bergantiños recibe ó Betanzos e As Miúdas viaxan a Meis para enfrontar ó Mosteiro, buscando asaltar o liderato da categoría.  

Comentarios