Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Previa: a salvación pasa polo Ara Solis

A Previa: a salvación pasa polo Ara Solis
Un encontro decisivo sen dúbida o que se vai a disputar en Fisterra esta fin de semana. Fisterra e San Lorenzo loitarán por tres puntos vitais para a permanencia en 1ª Galicia. Os dous equipos veñen en boa liña de xogo e resultados, sobre todo o Fisterra, que con 2 vitorias consecutivas a domicilio logrou asomar a cabeza dos postos baixos. O San Lorenzo, pola súa parte, está a ser máis competitivo últimamente e a proba é a vitoria ante o Cordeiro da semana pasada. Todo un partidazo que nos deixará a un equipo tocado e a outro coa moral polas nubes. O Fisterra buscará a terceira vitoria consecutiva En Preferente Norte partidos importantes tamén para os nosos. O que máis urxencias ten é o Dumbría, que recibe ó Ordenes coa imperiosa necesidade da vitoria. Debutará no Conco o dianteiro Iván González. O Sofán recibe a un dos importantes, o Castro, e o Xallas pretende seguir escalando postos en San Tirso, e de paso afundir ó equipo local. Na 1ª Galicia, aparte do gran derbi, o Baio ten tamén un partido dos de 6 puntos contra o Tordoia, e o Soneira, que rompeu a súa xeira de 3 vitorias con Pedro Gómez, visita Sigüeiro, cun equipo local moi necesitado de puntos. Na Liga da Costa, xornada de infarto unha vez máis. O líder Mazaricos recibe á sorpresa Monte Louro. A Esteirana ten un derbi dos gordos ante o Outes, que ten que empezar a ganar partidos se quere escapar do descenso. O Corme visita Camariñas, cun equipo local que ten que darlle continuidade á vitoria da semana pasada en Cee. Lira e Baíñas auguran un bo espectáculo de fútbol, e Muxía e Cerqueda, en inhabitual horario matutino, buscan acercarse ós seus obxectivos no que seguro será un bo encontro. O Buño - Zas e o Coristanco - Cee son partidos a vida ou morte, sobre todo para os locais, e o derbi de cercanías Malpica - Puenteceso tamén seguro que nos ofrece cousas interesantes. Hai partidos de todas as cores e formas, non tedes máis que elixir o que queredes ver. Parafita será un dos homes importantes no San Lorenzo Na 3ª Galicia Volantes e Muros non teñen partidos fáciles ante Corcubión e Laxe, e non poden afloxar pois por detras veñen os rivais doentes. O Nantón - Cabana e o Ameixenda - Porteño seguro que aclaran moitas cousas nos postos perseguidores, e o Castriz busca vencer ó complicado Seaia para seguir na zona de cabeza. Outes e Castrelo terán o duelo de colistas.

Comentarios