Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Previa: partidazo en Esteiro

A Previa: partidazo en Esteiro
Temos partidazo esta fin de semana. Será domingo no Xosé Luis Vara de Esteiro entre o conxunto local e o Dumbría, nun encontro que marcará a tendencia alcista dun ou doutro. O que perda quedará bastante tocado, aínda a pesar do cedo que é para falar nestes termos. A bo seguro que veremos un cheo de época nas gradas e desexamos que se vexa un gran partido de fútbol costeiro, deportivo na bancada e intenso no campo. Falamos co adestrador da Esteirana, Geno, sobre o mesmo e sobre a situación do equipo: "Non está a ser boa a xeira de resultados, pero os partidos estamos a competilos todos moi ben. Ningún equipo foi superior a nos, todo o contrario. Con un pouco de efectividade teríamos conseguido máis puntos dos que temos. Pero a realidade é a que é e non nos queda máis que seguir competindo así." Como se prepara un derbi?    "Vivimos a semana como todas, traballando o equipo a nivel xeral, e tamén algunha particularidade dependendo do rival que toque. O equipo adestra ben. Nos témolo claro, danos igual o rival, o que queremos é estar en condicións de competir os partidos"  O Dumbría venceu 4-0 a pasada semana, e en Esteiro esperan un conxunto crecido pero que a bo seguro o pasará mal no Xosé Luis Vara. "Pois supoño que ó Dumbría lle daría moita moral a vitoria contra o Bertamiráns. Virán a ganar, claro. Será un partido moi difícil para ambos e creo que ganará quen cometa menos erros" O campo estará a reventar a bo seguro. Geno non o dubida: "A nosa afección responderá como sempre. Espero un campo totalmente cheo" Na Preferente Norte o Xallas viaxa sábado á Pobra co coordinador Iyan no banco á espera da contratación do novo adestrador que ocupe o lugar de Néstor. O Sofán pola súa parte ten unha longa viaxe a Sarria onde tentará cortar a xeira de resultados do equipo local. Na 1ª Galicia, ademáis do derbi, o Baio visita Val do Ulla buscando manterse nas posicións cabeceiras. O Fisterra recibe ó Unión nun encontro que debe de servir como o inicio da escalada fisterrá, e o Soneira recibe ó Tordoia nun partido no que só vale a vitoria. Na Liga da Costa, varios partidazos. O que van a disputar Corme e Baíñas vai a ser un choque de trens entre o líder e un dos aspirantes a todo. En Zas os locais e o Mazaricos tamén vivirán unha gran tarde de fútbol a bo seguro, cun xoven equipo local que tentará facerlle fronte ó todopoderoso Mazaricos. En Muros debuta Chema Rivadulla como adestrador do Buño e en Arliña un Muxía que non ten límites recibe ó Monte Louro de Oscar Leis, equipo moi dado a sorprender ós de arriba. Na 3ª Galicia os líderes Castrelo e Castriz viaxan a Corcubión e Porteño para manter a súa posición de privilexio. Cabana e Coristanco xogan o partidazo da xornada, entre dous conxuntos chamados a grandes cousas este ano. En Camariñas quédanos ver se As Baleas melloran algo ou siguen na mesma liña de anteriores partidos ante o Nantón.

Comentarios