Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Previa: partidazo en Mazaricos

A Previa: partidazo en Mazaricos
Temos partidazo na Liga da Costa. En Mazaricos rende visita o Muxía de Adrián Lema, conxunto perigosísimo que este ano elevou as miras ós postos máis altos da clasificación. O Mazaricos está moi forte pero agora chéganlle os encontros ante rivais directos e verase a pasta da que están feitos para manter o liderato. Ó acecho, Corme, Ponteceso e Volantes. Na Preferente o Sofán recibe ó Agolada nun partido no que pretende seguir sendo forte no Carral e o Xallas fai o mesmo co Foz. Ambos rivais son da zona baixa e supoñen partidos fundamentais de cara a escapar deses cinco ou seis últimos postos que seguramente signifiquen o descenso. Na 1ª Galicia a Esteirana viaxa a un dos campos máis difíciles da categoría, o do Lalín. O Fisterra, en tremenda forma, recibe a un Bertamiráns que non debe ser rival de cuidado no Ara Solis. O Soneira si que ten un miura no Sigüeiro, que ven de ceder os seus primeiros puntos na casa e buscará resarcirse. O Baio viaxa á casa do sorprendente Tordoia de Dani Calvete e o Dumbría ten un complicado desplazamento a Rianxo para verse co Unión. FOTO EDU OLVEIRA Na Liga da Costa ese Mazaricos - Muxía centra as miradas da xornada. Atentos a ese partido estará o Corme, que viaxa a Zas, o Ponteceso que fai o propio a Ameixenda e o Volantes que recibe ó Buño coas súas flamantes fichaxes a tope. O sábado temos derbi, o Lira - Muros, que aclarará moitas cousas na zona baixa. Na zona media tres partidos, ese Cerqueda - Louro, o Malpica - Baíñas e o San Lorenzo - Cee, que servirán ós equipos para irse situando antes do parón de nadal en zonas cómodas da clasificación. Na 3ª o líder Coristanco recibe ó Outes na Rocheira, Castriz e Castrelo xogan o partido máis interesante e Camelle e Camariñas teñen un derbi do Concello camariñán máis. Nas REdondas duelo de aspirantes entre Cabana e Porteño, e en Nantón recíbe ó Seaia coas ansias de engancharse na promoción. As Baleas e Corcubión dispútanse o saír do deshonroso último posto. Na 2ª Feminina o Bergantiños viaxa á zona de Cambre para encontrarse co Brexo Lema, e As Miúdas van a Bamio buscando os puntos perdidos a semana pasada na casa. Sorte a todos¡¡¡ Bárbara volveu marcar cas Miúdas-Foto-Chema Caamaño

Comentarios