Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A pseudotradición de queimar prendas provoca un incendio no Cabo Fisterra

A pseudotradición de queimar prendas provoca un incendio no Cabo Fisterra
  • Última hora (22:00h): o vento intenta reavivar o lume. Medios municipais seguen a pé de campo por se hai problemas.
  • Última hora (18:30): o lume esta practicamente extinguido tralo traballo do helicóptero, bombeiros de Cee e motobombas. Ademais, dous italianos están retidos pola Garda Civil como presuntos responsables da queima incontrolada. A participación do Concello foi fundamental tanto para controlar o lume como para dar cos supostos responsables.
Incendio no Cabo Fisterra Incendio no Cabo Fisterra
  Ao final, pasou. E tiña que pasar… Esa estupidez disfrazada de moderna tradición de queimar unha prenda de roupa ao chegar ao final do Camiño, ao Cabo Fisterra, acabou sendo letal. O vertedoiro da fin do mundo volveu sufrir a inconsciencia do visitante que pensa máis no seu espírito que no espazo natural no que se atopa, e unha prenda queimada vén de provocar un serio incendio no cabo fisterrán. Se ben a placa de Prohibido Queimar (con algunha que outra falta de ortografía en inglés…) conseguiu evitar nos últimos meses que esa pseudotradición fose a menos, desta volta non conseguiu abortar a idea deste último visitante. En todo caso, os visitantes cambian o detalle de queimar por deixar unha prenda, como se o Cabo Fisterra fose un verdadeiro vertedoiro. Polo momento, e malia que ninguén asegura ter visto nada, algúns veciños sinalan a un grupo de peregrinos italianos que baixaron a un punto ben inaccesible para queimar algunha prenda. A realidade é que, como sinala Virginia García, Guía Oficial de García, "ou se fai algo ou os peregrinos van acabar co monte". Ela mesma cóntanos o caos que se viviu nos momentos de inicio do lume, na evacuación, poñendo de novo de enriba da mesa a necesaria ordenación da zona. De camiño xa están os Bombeiros de Cee e dúas motobombas de Vimianzo. Estaremos atentos. Incendio no Cabo Fisterra Incendio no Cabo Fisterra 3

Incendio no Cabo Fisterra 4

Placa de prohibido queimar no Cabo Fisterra O concello intenta eliminar a roupa que deixan os visitantes O concello intenta eliminar a roupa que deixan os visitantes Incendio no Cabo Fisterra-Foto-Virginia Diaz Incendio no Cabo Fisterra-Foto-Virginia Garcia Incendio no Cabo Fisterra-Foto-Virginia Garcia Incendio no Cabo Fisterra-Foto-Virginia Garcia

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios