Venres. 29.03.2024
El tiempo

A romaría da Barca invade a #AxendaCostadaMorte

A romaría da Barca invade a #AxendaCostadaMorte
Axenda-Costa-da-Morte-10setembro Un dos puntos de referencia desta fin de semana na Costa da Morte será Muxía. Aquí celébrase a tradicional e multitudinaria romaría da Virxe da Barca - declarada como Festa de Interese Turístico - á que acoden veciños e veciñas de toda a comarca e doutros puntos da comunidade. A troula está asegurada e en canto ao tempo, haberá algo de todo segundo indican dende 4gotas.com. "Se queremos praia, hoxe en toda a Costa e o domingo, todo o día entre Muxía e A Laracha e no mediodía e primeiras horas da tarde tamén entre Fisterra e Muros, poderase desfrutar dela. O venres será de praia pola mañá, que durante o no mediodía aumentarán as nubes e que na tarde, ​xa quedará o ceo moi gris. O sábado pola contra será un día gris, fresco e con chuvias febles, pero persistentes sobre todo pola mañá e no mediodía. Na tarde irán a menos e acabarán por desaparecer. Na mañá do sábado tamén teremos que ter en conta o vento. Terá refachos fortes (60-70 km/h) nos arredores de Fisterra. Este verán de sol e calor chega a súa fin. A vindeira semana xa teremos que falar de algunha chuvia intensa". Romaría da Barca Hoxe arranca unha das festas máis da Costa da Morte: a romaría da Barca co pregón da man de Carmen Iglesias Labrador. Serán catro días nos que a relixión se misturará coa troula. Diso encargaranse as orquestas que pasarán por Muxía, unha gran sesión de fogos artificiais do sábado, o concerto do domingo de Andy y Lucas e co fin de festa o luns con Olympus e Ibiza. Festas
  • En Fisterra están en plena celebración das festas do Carmen. O verbeneo, un campionato de futbolín e a tradicional procesión marítima serán os principais ingredintes.
  • Pili Pampín será un dos pratos fortes das festas de Oca, en Coristanco que se celebran mañá e domingo.
  • En Ponteceso arrancan hoxe as festas da Barquiña. Por diante quedan cinco días de troula e moita diversión nas que non faltarán actividades para todos os gutos e para todas as idades.
  • En San Sadurniño, Rus, continúan hoxe coas súas festas. Da sesión vermú encargarase a orquesta Bahía Blanca que compartirá escenario á noite co show musical Alba.
Outras citas
  • Exposición no Faro Vilán: ata o 30 de setembro, poderán disfrutar na sala que xestiona a asociación no faro Vilán da exposición de pintura “50 Faros de Galicia” de Javier Toba
  • O centro cívico de Malpica acolle dende mañá e ata o vindeiro día 2 de outubro a exposición artística "Aldeas sen Voz" composto por 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores.
  • Visitas guiadas en Vimianzo. Durante o mes de setembro, continúan as visitas guiadas no Castelo de Vimianzo e nos Batáns do Mosquetín. Son os sábados e domingos ás 12 e as 17 e ás 13 e 18 horas respectivamente.
  • As Torres do Allo - Zas - seguen abertas ao público todos os días de 11 a 20 horas.
  • Defile do Liño en Vimianzo. O patio do Castelo acolle este domingo, a partir das 19 horas, o seu tradicional desfile do liño.
  • Ponte en Cor. Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa de Carballo transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. A cita remata mañá sábado.
  • Mañá arranca en Vimianzo o programa de sendeirismo bautizado como "Pon as botas!". No primeiro dos roteiros, que arranca ás 10 horas do Castelo vimiancés, farase un percorrido de dez quilómetros polo Val de Vimianzo onde se visitarán as distintas aldeas, castros, pazos e capela que o forman.
Fonte

Comentarios