Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Romaría de Santo Hadrián celebra o 10º aniversario da súa declaración coma Festa de Interese Turístico de Galicia

A Romaría de Santo Hadrián celebra o 10º aniversario da súa declaración coma Festa de Interese Turístico de Galicia
Alcalde e Teniente de alcalde de Malpica na Festur 10 anos dende que a Romaría do Santo Hadrián era declarada de Interese Turístico Galego. E O Concello de Malpica quere reforzar a súa presencia, a súa forza apostando pola difusión dos aspectos máis tradicionais da popular e concorrida celebración. A Romaría, que terá lugar o vindeiro domingo 17 de xuño, terá un forte contido audiovisual para a súa promoción con, ademais da cartelería, un tríptico, que se reparte nos centros educativos e en Festur, que recolle os principais aspectos da festa, así coma un código QR a través do cal se accede directamente ao primeiro vídeo promocional da romaría. Precisamente, o Concello de Malpica está promocionando a Romaría de Santo Hadrián e a Mostra da Olería de Buño en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia, que se celebra dende onte ata o domingo en Silleda, no marco da 41ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-volta-a-esencia-enche-a-romaria-do-santo-hadrian/ https://quepasanacosta.gal/as-9-festas-turisticas-da-costa-da-morte/  

Comentarios