Imprimir

A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamentoo

Redacción | 23 de xaneiro de 2019

porto Malpica Na entrada ao porto de Malpica, entre os diques, fórmanse perigosas correntes A semana pasada era PSOE e En Marea o que recollían a petición da familia do finado no Silvosa o pasado decembro, e levaban unha pregunta ao parlamento Galego sobre a seguridade no porto malpicán. Esta tócalle ao BNG levar unha pregunta oral en Pleno con carácter urxente, dirixida á consellería do Mar sobre as medias tomadas para mellorar a seguridade nas costas e portos como Malpica, lembrando os dous naufraxios que conmocionaron Galicia o pasado mes. Para o BNG “a seguridade das persoas que traballan no mar debe ser unha prioridade para o Goberno galego e necesitan garantías cando saen a faenar e moito máis nun porto como o de Malpica cuxa infraestrutura non garante as manobras das embarcacións”.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/a-seguridade-no-porto-de-malpica-volve-ao-parlamentoo/20190123071822105785.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia